O V Concurso de Tapas de Maceda valora 13 propostas

O Bar A Tapa presentou un cadeliño quente.
photo_camera O Bar A Tapa presentou un cadeliño quente.

Un total de 13 establecementos hostaleiros de Maceda, en colaboración coa Asociación de Empresarios e Comerciantes e o Concello, uníronse por quinto ano para organizar un concurso de tapas co que pretenden reactivar a economía local en plena Semana Santa, co acompañante da musica local. O sábado 23, a amenización musical correu a cargo da Charanga A Felga de Maceda e o sábado 30 a cargo do grupo de pandereteiras Os Chouteiros de Maceda, en horario de 20,00 horas a 23,00 horas.

Os veciños do Concello de Maceda puideron probar as  propostas que participan no V Concurso de tapas Maceda 2024. Ademais de gozar do pracer de comer, tamén puideron participar no sorteo de varios regalos (unha Smart TV 32”, unha Tablet e uns auriculares bluetooth).

Hoxe coñecerase o gañador do concurso e realizarase o sorteo para os gañadores dos regalos. Entre as tapas que se elaboraron están as seguintes: o Bar Teixeira preparou un bacalao gratinado, o Bar Porta Sacra elaborou unha canasta de plátano rechea de atún acevichado,  o Bar A Tapa presentou un cadeliño quente, A Cervexería cociñou un montadiño en primavera sen fochancas, A Casa Rosa uns mexilóns tigre, A Burguer Maceda fixo un timbal de tenreira acompañado de puré de castaña, o Bar Castillo un bocatín de raxos e crema de pataca e  o Bar Pagas Tú cunha tosta de lomo fresco con mazá.

Te puede interesar