Escolares galegos recitarán a Celso Emilio Ferreiro o 12 do 12 do 2012

O vindeiro mércores, 12 de decembro do 2012, ás doce da mañá, milleiros de xóvenes dos centros educativos non universitarios de toda Galicia participarán nun recital público e simultáneo de 'Deitado fronte ao mar' de Celso Emilio Ferreiro , publicado inicialmente no libro Longa noite de pedra (1962). Nas derradeiras datas do seu centenario, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) organizará un acto público e reivindicativo que persigue manter viva a memoria dun dos grandes poetas galegos do século XX a través da posta en valor dun dos seus poemas máis emblemáticos.
Trátase dun homenaxe público cunha acción de carácter colectivo que simbolice a forza e enerxía que trasmite a súa palabra, 'símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia', subliñan dende a coordinadora a través da súa páxina web.

Ademáis do acto colectivo de recitado do poema 'Deitado frente ao mar', a coordinadora liderará un envío masivo a través das redes sociais do lema 'recitandocelsoemilio', acompañado do texto do poema 'Deitado fronte ao mar'.


FIN DE ANO

O Ano Celso Emilio chegará ao seu fin o vindeiro 4 de xaneiro, cun acto público e de recoñecemento na súa vila natal. Ata entón, e durante estes últimos días de decembro, continuarán os recoñecementos do autor de 'Onde o mundo se chama Celanova' no IES Fernando Wirtz da Coruña cun recitado de poemas e unha conferencia sobre 'Aquela noite de pedra' ou a presentación do libro colectivo de doce poetas talegos 'Cartafol de Soños', tamén na cidade herculina.

Te puede interesar