ARTE

Luís Seoane, sabía o que facía?

6_35_seoane_retrato_01_20150612201526
photo_camera Luis Seoane.

Un acercamento a un artista polifacético, a un pintor real e posiblemente a figura máis salientable do século XX da cultura galega

Un día Picasso a propósito da obra de Juan Gris dixo: “É fermoso, un pintor que sabía o que facía”, a frase, que resoa coma unha enigmática badalada interior, é tomada prestada con moita intención polo crítico Carlos L. Bernárdez para titular o seu último libro sobre a figura do artista Luís Seoane, alguén –quede claro- que admiraba aos dous. 

Cristo obrero crucificado. 1975Se alguén traballou con entusiasmo arredor da obra do pintor neste país ese foi Carlos L. Bernárdez, froito dese traballo, é o resultado do libro editado agora pola editorial Laiovento, “Luís Seoane, un pintor que sabía o que facía”, estruturado en catro ensaios, onde profunda na personalidade comprometida, no labor intelectual e pictórico de Seoane. Un amplo estudo elaborado en distintas etapas, que agora coa intencionalidade de salientar a figura do artista galego, colle forma.

Luís Seoane (Bos Aires, 1910-A Coruña, 1979) foi un artista polifacético, no máis amplo sentido do termo, unha figura infinita, poliédrica, cunha capacidade de traballo ímprobo. Un dos grandes da cultura galega, e posiblemente a figura máis salientable do século XX. Un pintor real, que representou ás persoas como se foxen heroes, e eran pobo. O artista se inspiraba no pobo. Heroes de pobo, porque Seoane non foi un intelectual elitista, aínda que si de compromiso. Desde o inicio camiñou a prol dese sentir colectivo, coa creatividade e sensibilidade postas nos cidadáns galegos coma pobo. Os verdadeiros heroes estaban entre a xente, “heroes como Manuela Rodríguez, a emigrante en Xenebra do óleo Emigrante (1967); os fuxidos, vítimas da Guerra Civil, do cadro Guerrilleiros (1950)”. O pintor, ademais, é persoa comprometida, é alguén que ten memoria, esa memoria que persiste “como exemplo e advertencia”; Luís Seoane foi formado no marxismo dos anos trinta e na cultura republicana, e polo tanto viviu os episodios da Guerra Civil e do exilio. 

O compromiso político permaneceu sempre.“Fiel –primeiro- á República, despois dende o  exilio en Arxentina, desenvolveu unha inmensa obra pictórica, literaria e editorial e todo este labor estivo situado coa mente e as enerxías postas en Galiza, cerna das súas angueiras culturais e políticas”. Na época da República e da guerra, converteuse nun Paisaxe. 1979combativo activista cultural el político, co cartelismo como medio de expresión. O Cartel adquiriu nel unha gran importancia, é evidente que por a súa versatilidade e o amplo espectro comunicativo nun determinado interese. No caso de Galiza, “a eclosión do cartelismo político prodúcese coa campaña a prol do Estatuto de Autonomía de 1936”. Cartelistas insignes do momento, Camilo Díaz Baliño –asasinado o 14 de agosto de 1936-, o seu fillo Isaac Díaz Pardo, Carlos Maside, Bernardino Vidarte, José López Bouza Zeus, Castelao e o propio Seoane. O clima de terror, a represión e os asasinatos quedan moi visibles na obra dos autores galegos, que reflicten o vivido. Mesmo no exilio de Seoane non impide neses primeiros anos que a represión franquista siga presente na súa temática. Como as “Trece estampas de la traición”. Debuxos de semellante factura aos de Castelao, nos que priman os elementos do medo, gardas civís matando, mulleres violadas, combatentes republicanos; a “etapa da violencia”, como di desta fase o seu grande amigo e poeta Lorenzo Varela. 

Un café

Un café, o Tortoni, no nº829 da Avenida de Mayo, foi testemuña do exilio galego, e español, alí, Seoane, Alberti, Guillermo de la Torre, Arturo Cuadrado, Xosé Otero Figura. 1959Espasandín, Carmen Muñoz , José Suárez e Lorenzo Varela, se daban cita na súa tertulia onde Galicia foi foco permanente da súa preocupación. Bos Aires tiña entonces os anhelos dos galaicos aferrados ao cosmopolitismo a milleiros de quilómetros da terra. O lugar onde publicar libros en galego era posible, labor editorial que fixo mella tamén na súa labor, actividade á que dedicou parte do seu traballo e creatividade. A destacar outra, a xornalista, na “Galicia Emigrante”, na súa versión radiofónica, na que dirixía e escribía os guións, ou na revista, onde demostrou ser un articulista ben intuitivo. 

O traballo creativo de Luís Seoane desde a década dos trinta até o momento do seu  falecemento adquire unha dimensión moi ampla. Na arte é onde a súa linguaxe planimétrica e a apartación colorista o fan ben recoñecible. Aínda que de entrada o estilo de Seoane era de raíz ben diferente. “nos anos republicanos enlaza coa modernidade estética internacional, evidenciando o coñecemento das fórmulas do postimpresionismo, cubistas, fauvistas e expresionistas, que se manifestan cun fondo sentido lírico”. Como xa dixemos en moitas ocasión Seoane pon ese lirismo ao servizo da mensaxe política, como os traballos realizados para publicacións como a luguesa “Yunque”. Nos anos republicanos, e, despois, a partir da Guerra Civil deixa patente o influxo da figuración alemá de entreguerras , entre eles George Grosz, moi recorrente no seus debuxos de corte caricaturista.

O imaxinario popular, o trazado polas liñas da “Mater Galleciae”, o lirismo, o románico e o barroco como definidores do galego seguen sendo as bases do pintor no exilio pero co  propósito sempre presente da renovación e da modernización para arte galega. “No formal, o pintor vai construír unha linguaxe plástica moderna, herdeira das vangardas internacionais das primeiras décadas do século XX”, no temático, sen renunciar á representación das filiacións galegas, daralle como xa dixemos protagonismo ao pobo como motor da historia.Un artista de vocación global, coa herdanza e a mirada posta entre Matisse, Léger e Picasso, pero facendo unha revisión sempre persoal e acertada. Aínda que as lecturas teñen moitas direccións comezando polo seu admirado Carlos Maside, os constructivistas rusos como Lissitzky, a obra de Klee, Kandinsky ou Malevich. Sen esquecer a influencia da cultura xermánica, ou influencia dos latinoamericanos. 

Posguerra

Na década dos corenta no traballo artístico de Seoane –debuxo, gravado, ilustración- a pegada da Guerra Civil segue presente, e polo tanto a súa intencionalidade segue a ser de combate. A influencia picassiana é evidente, a ilustración dos libros “Queixumes dos pinos” (1940), de Pondal; “Torres de amor” (1942), de Lorenzo Varela, nas “Historias e Cinzano. 1952invenciones de Félix Muriel” (1943) de Rafael Dieste; e sobre todo no álbum “Homenaje a la torre de Hércules“ (1944). Onde emerxen temas recorrentes na súa produción no exilio: “a evocación da terra deixada alén do mar e o universo feminino”. Un territorio onde o simbólico toma corpo a través da representación dese territorio soñado que é Galicia, nos rostros de mulleres pensativas ou espidas, co mar de fondo como liña dominante da ausencia, da distancia que o separa da patria soñada. A influencia de Picasso está presente pero non se limita a un proceso de mimeses, teñe entidade propia. É o caso de “Nu na praia”(1946), ou “O vello do paxaro”(1950). 

Europa

Unha viaxe, como tantas veces ocorre, a Seoane lle cambiou a mirada. A estadía europea de 1949, entre París, onde restan os amigos Manuel Colmeiro e Rafael Dieste, e Londres, é definitiva á hora de mudalo estilo, de aportarlle unha personalidade clara. En París, como delegado ao Congreso Mundial de Partisanos pola Paz, coñece a Picasso, ve a obra de Matisse. 

En Londres onde participa no Congreso sobre a Integración das Artes, onde escoita a Henry Moore e Fernand Léger. En Londres mercé a xestión do galego Plácido Castro e o escritor brasileiro Nexton Freitas consegue que se realice unha exposición na Twenty Brook Street Galery. O estilo persoal colle forma, a súa inquedanza polo contraste tonal e os grafismos toma corpo, así como o emprego das cores planas, moi sinxelas, onde toman corpo depurado de figuras que se atomizan no simbólico. Cada vez todo torna máis sintético, a renovación está en marcha sen fuxir xamais dos referentes galaicos –unha Galicia mítica, medieval, románica, emigrante, campesiña- pero baixo o prisma máis universal. 

Anos 50

“As pinturas dos anos cincuenta presentan figuras de rexa estrutura e forte estatismo”.  Progresivamente –ao longo dos anos cincuenta e primeiros sesenta- vai gañando terreo o esquematismo e o contido dinámico, alternando estes trazos nas figuras sobre a cor. “El tema más importante de toda mi obra –en palabras do pintor- es el estatismo de la figura humana, convirtiéndolo en intemporal. Lissitzky, el gran constructivista ruso, escribió en un ensayo referido a la estructuración de espacios, que el color es una piel sobre un esqueleto, pero, en mi caso me he esforzado en señalar el esqueleto sobre esa piel. Una cualidad que ha distinguido mi labor de pintor, creo yo que ha sido siempre el color”. Estes aspectos –di Bernárdez- pódense seguir nas súas paisaxes e naturezas mortas. Un estilo que acada a súa plenitude nas décadas dos sesenta e setenta.

Portada del libroAínda que a pintura de Seoane é claramente figurativa no seu universo de representación, a pegada da abstracción tamén está latente. “Yo me sitúo con los figurativos pero no desdeñé nunca el extraordinario aporte visual y técnico de los llamados abstractos. Tiendo hacia un figuratismo esquemático,una pintura cada vez más esquemática y definidora, precisa; en continuar el método de trabajo deductivo de que escribía y fue ejemplo Juan Gris”, diría o propio artista. 

A investigación na obra de Seoane é constante, a relación entre a superficie coloreada e máis a liña estase a converter na base de identidade, de igual xeito que foi fundamental en outros coma Picasso, Léger ou Le Corbusier. “A Independencia da superficie da cor con relación a contorna constátase nos trazos negros que estruturan os corpos nas figuras do Seoane cada vez de xeito más evidente desde finais dos cincuenta”. 

Máis alá da figura humana a paisaxe e a natureza morta forman parte dese universo  significado de experimentación onde o pintor atopa un campo de expresión, nun primeiro momento en clara débeda co pintor uruguaio Torres García, obras coma “Paisaxe  urbana”(1947); incluso escenas laborais e sociais coma “Traballando nas vías”(1948) ou “Guerrilleiros”(1947) seguen esta vontade construtiva e unha plástica xa moderna. 

Outra viaxe, en 1951, esta ao territorio de Neuquén, nos Andes, deixa unha pegada de moita influencia na forma de exercer o oficio a partires dese momento. “un sentido cósmico”, tal como lle apunta nunha misiva a Carlos Maside. Esa visión tamén se deixa sentir no seu traballo gráfico e no cartelismo publicitario, unha nova traxectoria patente en traballos coma “Cinzano”(1952) ou “Coñac Otard-Dupuy”(1952). Nesta época tamén se inicia na actividade muralística, onde se percibe o seu particular facer a través do sintetismo e a cor. O paisaxismo chega ao seu cume segundo Carlos Bernárdez en obras dos anos sesenta como a “Paisaxe de ría”(1964), ou “Praia 1, 2, 3”(1967). 

A emigración

A emigración está presente na súa pintura de cabalete, nos seus murais e nos seus gravados e ilustracións, como as que realiza para o seu poemario “Fardel de eisilado”(1952). A súa visión da emigración ofrece es transfondo permanente de síntese marxista, como cando no óleo “Emigrante”(1967), representa unha muller que leva pendurado do pescozo un cartel co texto: Elle s’apelle Manuela Rodríguez, elle est analphabéte. Aidez-la (1963). Seoane denuncia as causas que provocan a emigración. 

Entre os anos 1953 e 1968 Seoane executa unha importante obra muralista, onde “o artista potencia a monumentalidade das súas figuras ao mesmo tempo que o seu estilo tende a unha progresiva esquematización, favorecido polo uso da pintura plana, o Observando. 1966contraste de cores e liñas interdependentes, afastada de calquera tentación matérica á moda”., e os temas seguen a ser dunha profunda presenza galega que enlazan cunha fonda tradición. Calquera que se enfronte a unha obra pictórica na que resalten as cores saturadas, en masas dispostas por oposición, contraste, na que cobre protagonismo un grafismo en aparencia espontáneo, coas figuras remarcadas dunha mancha negra herdeira de Maside, sempre cheos de frescura; onde se presentan rostros de perfil e de fronte, nun cubismo libre, sen perspectiva en homenaxe a ese espírito medieval que apuntara o seu amigo Lorenzo Varela, seguro que ten moitas posibilidade de asistir a unha obra de Luís Seoane.

Ao longo das páxinas do libro descubrimos o rigor da escrita arredor dunha parte da estadía vital e creativa desta figura fundamental e querida da arte galega. Picasso tiña razón, o profesor Bernádez tamén, Seoane, froito dunha perseguida estratexia de representación, dunha síntese visual e intelectiva que pescuda e traballa, vai a agromar unha das árbores más frondosas da cultura en Galicia. Sabía o que facía.

Te puede interesar