“O BNG é necesario; agardo compartir goberno con eles os próximos catro anos"

dsc_0008_result
photo_camera Davide Rodríguez.

Davide Rodríguez, que fora o máis votado nas primarias de En Marea pola provincia, preséntase finalmente como número 2 da candidatura encabezada por Ánxeles Cuña. O esprín electoral pasa factura, o exalcalde de Manzaneda ten unha notable afonía. 

Como está levando a campaña?

Con moita ilusión, ánimos e quilómetros enriba. Adquirindo coñecementos sobre as eivas que xa sabiamos que tiña esta provincia.

Nas primarias de En Marea foi  o máis votado e houbo quen reivindicou que debía encabezar a lista.

Había unha fórmula para calcular a correción de xénero e asúmoo con total normalidade. Ademáis, temos unha candidata, Ánxeles Cuña, que é unha muller impresionante e que debería encabezar calquera candidatura.

Por que cre que o PP denunciou a súa candidatura?

Están moi acostumados a pasar polos tribunais, e como esa semana non tiñan nada, dixeron, pois imos ir nós (risas). Teñen medo porque saben que van perder as eleccións. Viron unha ameaza real en que eu fora de segundo e atacaron, pero saíron derrotados. 

O BNG acusa a En Marea de contribuír a estatalizar a campaña.  Coma nacionalista, como o ve?

En xuño decidimos apostar por esta fronte ampla de esquerda. Somos un proxecto amplo onde colle o nacionalismo, o republicanismo e a esquerda rupturista. Para min o BNG é unha forza necesaria coa que espero compartir goberno os próximos catro anos.

Por onde vai o futuro de Ourense?

Temos unha desmantelacion de servizos no rural, un monte improdutivo, deixamos emigrar aos nosos talentos... Nin a Xunta nin a Deputacion teñen un interese latente por Ourense.

Anímase a unha porra?

Si, claro. O PP vai sacar 5, nós outros 5, o PSdeG 3 e Noa vai saír. De feito, oxalá saia. 

E haberá cambio na Xunta?

Claro! O PP vai perder as eleccións e Luís Villares será presidente.

Te puede interesar
Más en Elecciones 25-S