Leiceaga creará o Consorcio Galego de Solo Empresarial

O candidato socialista á presidencia da Xunta destaca que con esta proposta garántese a coordinación da política de solo industrial

O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, visitou onte as áreas industriais de San Cibrao das Viñas e Taboadela. Uns actos que aproveitou para anunciar unha Lei de Áreas Empresariais de Galicia, que "ampare a coordinación da política de solo industrial do goberno galego". 

Profundizando nesa parte do seu programa, o candidato socialista explicou que o goberno liderado por él creará o Consorcio Galego de Solo Empresarial –Cogase- co obxectivo de desenvolver as políticas de solo industral en Galicia, que dea cabida a concellos e administacións titulares de parques e solo empresarial, así como á Federación Galega de Parques Empresariais –Fegape-.

Fernández Leiceaga propuxo un enfoque diferenciado sobre o solo industrial “por primeira vez na nosa autonomía”, amparado pola mencionada Lei de Parques Empresariais de Galicia que regule o deseño, xestión, mantemento e modernización dos polígonos. Ademáis, comprometeuse a aprobar o Plan Estratéxico de Solo Empresarial de Galicia, que "dea resposta ás necesidades actuais dos parques industriais de Galicia". 

Así o dixo logo dun encontro co equipo directivo de Tecnópole, o primeiro parque empresarial especializado de Galicia, exemplo de "boa planificación do solo industrial posto en marcha polo Executivo de Fernando González Laxe". Tamén asistiron a propia Fegape e outras asociacións e colectivos do eido económico da provincia. 

O candidato socialista chamou a recuperar o impulso do solo industrial de Galicia, "lastrado pola nefasta xestión dos gobernos do Partido Popular, que provocaron a sangría de empresas de cara ao solo industrial máis asequible de Portugal".  

Avanzando na crítica á "desastrosa e descoordinada xestión do solo empresarial" de Feijóo, puxo como exemplo o caso da Plisan Salvaterra –As Neves: "Un investimento millonario paralizado dende 2009 que supuxo tres millóns de metros cadrados convertidos nunha enorme fochanca de 17 metros de profundidade".  Segundo á analise do candidato socialista, esta inmensa lagoa artificial engulliu  "48 millóns de euros en expropiacións que os propietarios denuncian que non se pagaron". Inversións "millonarias", feitas mentres que os portos exteriores de A Coruña e Ferrol "aínda carecen de accesos". 

Te puede interesar
Más en Elecciones 25-S