O PP denuncia ao alcalde de Ribadavia ante a Xunta Electoral

O fan por unha suposta vulneración da lei electoral "ao utilizar medios públicos, nomedamente a páxina web do Concello e na rede social Facebook, para realizar declaracións de carácter electoralista"

O Partido Popular de Ourense presentó onte unha denuncia diante da Xunta Electoral contra o alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, por unha suposta vulneración da lei electoral "ao utilizar medios públicos, nomedamente a páxina web do Concello e na rede social Facebook, para realizar declaracións de carácter electoralista en pleno proceso para os comicios autonómicos", según o comunicado do partido.

Segundo consta no texto da denuncia, o pasado 31 de agosto o Concello de Ribadavia fixo pública na súa web a convocatoria dunha serie de axudas para a adquisición de material, convocatoria que emprega, segun o PP, “para fins electoralistas ou de exaltación da xestión do goberno municipal”. 
Según argumenta o PP, "esta forma de actuación, reiterada na persoa do alcalde de Ribadavia supón para o Partido Popular de Ourense unha evidente vulneración dos principios de obxectividade e transparencia do proceso electoral e de igualdade entre os actores electorais, cunhas evidentes connotacións electoralistas, que consideremos deben ser sancionadas”
O PP de Ourense subliña que esta nova denuncia pon en evidencia "a máis absoluta falta de escrúpulos do rexedor de Ribadavia, que nin respecta o xogo democrático, tratando de conseguir votos de calquera xeito sen o máis mínimo decoro".

Te puede interesar
Más en Elecciones 25-S