INICIATIVAS EMPRESARIAIS

As redes sociais, clave para lanzar proxectos

unnamed_result
photo_camera Marco Rocha

O xornalista Marco Rocha participou como caso de éxito que tivo lugar no centro de 
La Molinera

La Molinera, como equipamento de difusión do coñecemento, acaba de celebrar un novo acto aberto ao público para divulgar neste caso a importancia das redes sociais como unha fórmula de comunicación áxil, instantánea i eficaz. As actividades de La Molinera perseguen convocar casos de éxito para que teñan un efecto multiplicador diante da sociedade. O caso de éxito nesta ocasión estivo protagonizado por Marco Rocha, director de comunicación online da Real Federación Española de Fútbol e da selección española.

Marco Rocha compartíu co público ourensán un encontro no que explicou a metodoloxía e pasos seguidos nun caso de éxito, coma o seu, á fronte da comunicación dun xigante informativo como é a selección española de fútbol a través da súa conta oficial de Twitter @Sefutbol. Esta actividade está organizada polo Concello de Ourense e a Deputación Provincial de Ourense. A xornada tivo tamén sorpresas e sorteo de agasallos entre os asistentes a esta iniciativa.

CASO DE ÉXITO

“A selección @Sefutbol tamén xoga nas redes sociais” foi o título da xornada, coa que o Centro de Coñecemento Municipal La Molinera deu continuidade ás súas actividades divulgativas das tecnoloxías da comunicación e da información, relatando casos de éxito protagonizados por profesionais ourensáns. Foi o caso tamén de Pablo González, deseñador de xoguetes na empresa Lego, quen relatou as súas experiencias na xornada de apertiura de La Molinera o pasado 8 de abril.

Unha vez máis, o Concello amosa o seu compromiso por potenciar este tipo de equipamentos buscando a implicación de amplos sectores sociales de Ourense.

“Queremos que La Molinera sexa a canle de acceso ás novas tecnoloxías por parte da veciñanza de Ourense, un lugar no que acceder a coñecemento, mais sobre todo para compartir experiencias: dar a coñecer os casos de éxito e os exemplos dos moitos ourensáns que triunfan no mundo”, asegura o concelleiro de Servizos Xerais, Jorge Pumar_. Indica que se abarca “todo tipo de campos, sexa a creación artística, industrial ou a comunicación en medios sociais, e sobre todo un espazo para crear desde a colaboración”.

Te puede interesar