ENTREVISTA

"O taxi combatirá as licencias ilegais"

Ourense 1-8-2017, Francisco Javier Alvarez, presidente dos taxis.
photo_camera Francisco Javier Álvarez, presidente dos empresarios do taxi de Ourense.

Francisco Javier Álvarez  preside o colectivo de taxistas de Ourense, unha asociación integrada na Federación Galega do Taxi (Fegatixi), que mira con preocupación os retos do sector

Francisco Javier Álvarez   preside o colectivo de taxistas de Ourense, unha asociación integrada na Federación Galega do Taxi (Fegatixi), que mira con preocupación os retos do sector. As chamadas licencias VTC están poñendo a proba “a paciencia” dos profesionais do taxi porque cren que no están exercendo as funcións que están dentro da licencia e, na práctica, actúan como competencia que los taxistas tildan de “desleal”. Todo iso está xerando tensións.

¿Que diagnóstico fai do sector a día de hoxe? 
Somos un sector que sufre unha problemática importante, que son as aplicacións que están funcionando dunha forma irregular. Hai quen se dedica a esto con coches que en teoría están legales, que teñen as súas licencias VTC, pero que non funcionan con arreglo a esa licencia. O medo que temos é que non se regule a actividade. De momento temos referencias positivas en Galicia porque parece ser que non se van a implantar. De feito, a Federación Galega do Taxi non se ten manifestado esperando polo control que prometeu a Xunta a través dun comunicado. De momento, onde máis se nota a súa actividade é nos aeroportos, onde cada vez hai máis coches de VTC que non levan distintivos que os identifiquen. Nós o que pedimos á Xunta é que controle esas licencias e que respeten a normativa que teñen.

Polo tanto o sector parece que está por combatir máis que por convivir con esa realidade.  

Eu creo que temos que facer as dúas cousas. Non tiñamos problema ningún coas licencias que xa existían pero o problema é que o sector está saturado e ves que coches de VTC andan esperando polas esquinas, ofrecen tarifas a baixo custe e entran en competencia desleal porque teñen que sobrevivir. Nós queremos convivir coa legalidade, pero combatiremos as que non estean na lei. Por exemplo, eu si no taxi cobro vinte céntimos de máis a un cliente e este denuncia, mañá o Concello retírame a licencia. Sin embargo, a competencia desleal pon tarifas aos clientes sin ese regulamento. En Madrid un taxista cobra 30 euros por ir ao aeroporto e sin embargo, un vehículo con licencia VTC de servicios cobra 10 pero cando hai picos altos de demanda en festivos ou momentos puntuais poden chegar a cobrar cen euros. Eso hai que regulalo. 

Pero é moi complexo que o sector limite eso.  

Desde a Federación Galega do Taxi nunca nos opuxemos a ningún elemento que modernice o sector. Temos unha aplicación para pedir un taxi a nivel nacional, temos TPV, coches adaptados, vehículos híbridos, etcétera. Nós o que queremos é regular a actividade. Imaxínate que se dedicase a contar noticias en vez de un xornalista un contacontos. O que diríades é que unha cousa non ten que ver coa outra. Polo tanto, os que teñen licencia de VTC teñen unhas limitacións e os taxistas o único que queremos é que cumplan a norma. 

¿O taxi é caro ou cobra o que ten que cobrar?  
Eu penso que cobra o que ten que cobrar. A xente suele dicir que temos moito traballo cando nos ven en momentos puntuais do ano, pero non se da conta das horas que pasamos parados. Os gastos seguen aínda que o taxi non se mova. Eu repostei hoxe gasoil, polo tanto o que gane nesta xornada non me cubre o gasto. O taxi que menos paga de seguro paga mil euros e outros moitos gastos. Nós temos que cobrar as tarifas que están establecidas.  

¿Que papel xogan os taxis no novo deseño de transporte público de Galicia? 
O ideal sería que as empresas de autobuses fagan unha subcontrata coas liñas que non lle son rentables aos autobuses. Esa sería a idea máis interesante. Estamos a expensas das adxudicacións que se fan para ofertar tamén as nosas propostas como subcontratatas. Nós non somos un sector implicado directamente, pero si indirectamente.  

¿Cales son as amenazas para a rendibilidade do taxi nestes momentos?  
As amenazas son as que comentaba ao principio, con miles de peticións de licencias VTC, que moitas acaban vendéndose a 30.000 o 40.000 euros para especular. Eso non se chama economía colaborativa precisamente. Eso é o que teñen que regular porque xa hai países nas que si se dan 1.500 licencias están esixindo que se compren outros tantos coches, contraten a 1.500 personas e se poñan a traballar, e non a especular con elas. Eu, para non especular co meu taxi, non podo vender a licencia en cinco anos. Pero estas licencias poden venderse ao día siguiente. 

¿En que sitios de Galicia é mais rendible o taxi e onde é menos? 
Está claro que no rural non é rendible pero nas cidades, que é onde máis te moves, a actividade rende máis. Non sei que cidade é a máis importante, pero supoño que Santiago será a cidade onde é máis rendible.  

¿Vese o sector do taxi como transporte escolar a curto prazo?
Hai sitios que xa o fan, sobre todo no rural e o servizo que se presta é satisfactorio. Esa é unha alternativa e o que está claro é que cambiou moito o sector e nós temos que adaptar aínda máis. Agora xa traballas máis con empresas, xa se modernizaron os sistemas de petición do servizo e de cobro do mesmo, as flotas son máis modernas, etcétera. Xa estamos facendo servizos do Sergas, podemos levar mensaxería e xa estamos preparados para moitas actividades.

Te puede interesar