As brigadas de loita contra incendios forestais traballan na extinción dun lume forestal que permanece activo no municipio lucense de Foz, onde xa se calcinaron en torno a 20 hectáreas, segundo as primeiras estimacións da Consellería do Medio Rural.
O incendio, que se iniciou ás 8.52 horas deste xoves, afecta a parroquia de Santo Acisclo e no seu control traballan dous técnicos, sete axentes forestais, sete brigadas, seis motobombas, unha pala e tres helicópteros.
Por outra banda, tamén se declarou un lume na parroquia de Figueiras, no termo municipal de Santiago de Compostela. As lapas afectan a zona forestal nas faldras de monte Pedroso e os medios de extinción están sendo desprazados nestes momentos.