Os antitaurinos piden que se explique o custo do Museo do Touro

A plataforma antitaurina 'Galicia, Mellor Sen Touradas' pedirá ao Concello da Coruña que especifique o custo anual da sala denominada 'Museo do Touro', situada no Coliseum da cidade.
'Este espazo, que se concibiu en 1991 como museo taurino non é máis que un cuarto de azulexos e algúns obxectos de dubidoso valor, como cabezas de touro disecadas', sinalou a plataforma nun comunicado.

'Galicia, Mellor Sen Touradas' criticou que a tauromaquia 'teña un espazo de homenaxe financiado con diñeiro municipal e cuxo interese cultural e social é nulo'.

'É necesario incinerar todo ese material, só representa a aberración e o maltrato dos seres vivos como forma de lecer', afirmou o voceiro da plataforma, Rubén Pérez.

Por iso, a plataforma pedirá que, despois das próximas eleccións, o pleno aprobe a retirada e cambio da sala taurina para colocar no seu lugar un espazo dedicado á música, con material proveniente dos artistas que interveñen en eventos musicais no Coliseum.

Te puede interesar