O BNG esixirá no Parlamento que o Estado 'corrixa' os presupostos e 'mellore' a dotación á RAG

O BNG esixirá na Cámara galega que o Goberno Central 'corrixa' os presupostos e 'mellore' a dotación económica destinada á Real Academia Galega (RAG) 'rectificando' o 'trato discriminatorio' a esta institución que prevé nas contas para 2012.
Reclamarao nunha iniciativa parlamentaria, na que demandará unha dotación económica para a RAG similar á recibida polas institucións homólogas vasca e catalá, que 'sofren un 20 por cento menos de achega do Estado', fronte ao '62 por cento de minoración que padece Galicia'.

Esta iniciativa sumarase á emenda aos presupostos que o BNG presentará no Congreso ao ser 'consciente' de que 'este recorte' sitúa á centenaria institución 'nunha situación límite' que 'dificulta o seu traballo' en defensa do galego', asegurou a voceira do Grupo Parlamentario do BNG, Ana Pontón.

Neste sentido, a deputada nacionalista recordou que 'o trato discriminatorio' á Real Academia Galega por parte do Estado 'xa foi denunciado en múltiples ocasións' tanto pola Academia coma polo BNG no Congreso e no Parlamento galego, 'conseguindo corrixilo parcialmente nas contas do Estado para 2011'.

Te puede interesar