GALICIA

Detido un home en Vigo tras quebrantar dúas veces unha orde de afastamento no mesmo día

O detido tamén se lle imputa o roubo dun vehículo

Un home de 41 anos, con iniciais A.J.N, foi detido en Vigo, na tarde deste domingo, tras quebrantar dúas veces no mesmo día un orde de afastamento que pesaba sobre el.

Pero ademais de quebrantar unha orde de afastamento, ao detido tamén se lle imputa o roubo dun vehículo, segundo fontes da Policía Local de Vigo.

E é que A.J.N foi detido en dúas ocasións durante este domingo. A primeira vez, pola mañá, tras acudir ao Hospital Meixoeiro, onde se atopaba a muller respecto a que ten a orde de afastamento.

A segunda detención produciuse pola tarde, xa que A.J.N volveu acudir ao hospital no que se atopaba esta muller. O home de 41 anos pasou a disposición xudicial.

Te puede interesar