Detido un veciño de Vigo por presuntas agresións e ameazas á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron este martes a un mozo veciño da cidade, A.F.G., de 33 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.
Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar sobre as 6.40 horas desta mañá, cando o 092 recibiu unha chamada que alertaba de que unha muller estaba sendo agredida no interior dunha vivenda, na zona de Travesía de Vigo.

Unha dotación comisionada pola Central de Información e Mando (CUME) trasladouse ata ese domicilio, onde se entrevistou coa vítima, unha muller de 29 anos de idade.

A rapaza relatou aos axentes que, tras unha discusión coa súa parella, este a ameazara e golpeara. Por estes feitos, os policías detiveron o presunto agresor, que xa pasou a disposición xudicial.

Te puede interesar