O director da CRTVG dí que ‘é hoxe máis precisa ca nunca'

O director xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, proclamou onte que agora é 'máis preciso que nunca' unha televisión pública galega que 'dea estabilidade' ao mercado audiovisual da comunidade e que non se rexa por 'tendencias mercantilistas' da programación, mentres que os grupos da oposición -PSdeG e BNG- puxeron en dúbida que a TVG actúe como tal.
Izquierdo aludiu ao debate sobre servizo público e do propio modelo das televisións autonómicas, que no pasado ano 'se viu sometido a tea de xuízo de forma continua', para manifestar a súa convicción de que a existencia duns medios públicos en Galicia ten hoxe 'máis razón de ser que nunca'. 'Sobre todo se queremos que sirvan para a protección antropolóxica da cultura galega, e especialmente do seu idioma', apostillou.

Te puede interesar