SUCESO

Falece un home afogado nunha piscina de Salvaterra de Miño

O suceso produciuse ao redor das 13.30 horas deste luns

Falece un home afogado nunha piscina de Salvaterra de Miño

Un home faleceu afogado nunha piscina dunha propiedade da parroquia de Soutolobre, situada no municipio pontevedrés de Salvaterra do Miño.

Diso deu conta o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, que informa que o suceso se produciu ao redor das 13,30 horas deste luns.

Desde a central de emerxencias informouse da situación ao 061-Urxencias Sanitarias, Policía Local e Garda Civil.