Feijóo comprométese a reconstruír 'entre todos' o santuario da Virxe da Barca

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou a súa solidariedade aos veciños de Muxía (A Coruña) polo incendio que calcinou case por completo o santuario da Virxe da Barca e comprometeuse a reconstruír 'entre todos' o templo.


Nun comunicado tras coñecer os efectos das lapas, Feijóo manifestou a súa solidariedade por este incendio que foi provocado, 'ao parecer, polo impacto dun raio contra un transformador próximo'.

O presidente galego púxose en contacto telefónico co alcalde de Muxía, Félix Porto, ao que trasladou a 'solidariedade e apoio' da Xunta e a súa vontade de reconstruír 'ente todos' o santuario, 'un lugar emblemático e de referencia na Costa da Morte'.

Ademais, lamentou o suceso e destacou a 'grande importancia' que ten este templo, 'tanto pola súa historia coma polo seu atractivo turístico' para a bisbarra e para Galicia. Resaltou a 'grande devoción dos mariñeiros' á Virxe da Barca e a importancia do edificio para moitos peregrinos, que finalizan o seu camiño neste lugar tras visitar Compostela.

Te puede interesar