Freno a demolición da casa dunha ex conselleira

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) prosegue co proxecto para preparar a demolición da casa que era da ex conselleira de Pesca Carmen Gallego en Vilaboa (Pontevedra), aínda que o derrubamento non poderá executarse ata que o Tribunal Supremo resolva sobre un 'incidente de nulidade de actuacións' promovido pola ex parella da política socialista, Enrique López Patricio, quen actualmente reside na vivenda.
A sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) emitiu unha providencia na cal sinala que non se pode levar a cabo a demolición da vivenda ata que o TS non resolva sobre o referido trámite, aínda que sí permite realizar 'outras preparatorias', como 'a elaboración do correspondente proxecto solicitando os datos necesarios para tal efecto'.

Ao respecto, fontes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ratificaron que a APLU proseguirá coa recollida de datos para elaborar o proxecto técnico de demolición, á espera da decisión do Supremo.

Enrique López Patricio sinalou que a Xunta 'excedeu claramente as súas atribucións' ao iniciar o expediente de demolición sen contar cunha sentenza firme, polo que asegura que estuda co seu avogado as medidas que adoptará. O colectivo Salvemos Pontevedra denunciou que a vivenda está construída a 72 metros da costa e o TSXG fallou a favor do seu derrubamento, pero está pendente a referida resolución do TS.

Te puede interesar