APROBAR ORDENANZAS FISCAIS DE 2015

PSOE e PP escenifican o seu pacto orzamentario en Vigo

O BNG oponse porque "non se adaptan ás necesidades de quen peor o pasa" e acusa ao goberno de aplicar políticas do PP

O acordo entre PSOE e PP, que permitiu a aprobación dos orzamentos municipais de 2014 en Vigo, escenificouse novamente este xoves, nun pleno ordinario no que ambas as dúas forzas volveron sumar os seus votos, esta vez para aprobar as ordenanzas fiscais de 2015, é dicir, o plan de ingresos do Concello para o ano que vén.

A concelleira e tenente de alcalde, Carmela Silva, foi a encargada de defender un proxecto de ordenanzas "que alixeiran a carga fiscal aos vigueses". Así, recordou que, tras a conxelación de taxas de anos anteriores, para 2015 se rebaixará nun 1,4 por cento o IBI e o lixo; rebaixarase entre un 1 e un 2 por cento o imposto de vehículos; e conxelaranse outros impostos e prezos públicos.

Así mesmo, segundo apuntou Silva, aumentarase o número de beneficios de bonificacións fiscais, exencións, fraccionamentos e aprazamentos de pagamento sen intereses, etc. "Somos o exemplo a seguir", indicou a edila socialista, quen defendeu este proxecto de ordenanzas fiscais "é o máis social da historia da cidade".

A ese respecto, subliñou que esas medidas poden tomar "sen restar nin un euro" ás prestacións sociais ou as políticas de emprego. "Parece un milagre pero non o é, é a planificación e a boa xestión", indicou, ao tempo que apuntou que, con estas ordenanzas, o goberno local "cumpre a súa palabra, e cumpre o acordo presupostario co PP".

"O PP TIÑA RAZÓN"

O concelleiro do PP, Miguel Fidalgo, sinalou que estas ordenanzas poñen de manifesto que "o PP tiña razón, podíanse baixar impostos". "Hoxe estamos satisfeitos de votar a favor desta rebaixa, que é posible grazas ao PP,", destacou, e sinalou que estas ordenanzas "son o primeiro paso dunha profunda reforma fiscal" que o seu grupo implantará en Vigo se goberna a partir das municipais de 2015.

Pola súa banda, a voceira do grupo do BNG, Iolanda Veloso, sinalou que o PSOE "vai ter que dar moitas explicacións do seu pacto co PP, e por aplicar as políticas fiscais do PP". A ese respecto, indicou que as ordenanzas apoiadas por socialistas e populares "propoñen rebaixas lineais e nada progresivas".

"Por poñer un exemplo, rebáixanse os impostos a coches de luxo, pero non hai diñeiro para un bono bus para parados, rebáixanse impostos a grandes superficies pero conxélanse os prezos das escolas municipais", apuntou a edila nacionalista, quen xustificou que o BNG "non pode votar a favor cando se manteñen estas inxustizas".

Finalmente, as ordenanzas fiscais de 2015 foron aprobadas en fase inicial cos votos favorables de PSOE e PP, e co voto en contra do BNG.

ENFRONTAMENTO

O debate deste punto no pleno serviu unha vez máis para que se poña de manifesto a falta de sintonía entre PSOE e BNG, otrora socios de goberno, e duramente enfrontados agora, especialmente dende que socialistas e populares pactan as políticas presupostarias e fiscais.

Carmela Silva advertiu ao BNG de que, co seu voto en contra deste proxecto, "vai ter que dar moitas explicacións", porque "é moito máis social" que cando os nacionalistas estaban no goberno local. "Terán que explicar por que votaron a favor doutras ordenanzas menos sociais, e votan en contra destas", indicou.

A tenente de alcalde criticou os seus exsocios de goberno polo seu "discurso baleiro" e pola súa falta de alternativas en política fiscal, xa que o BNG non presentou emendas ao proxecto de taxas de 2015.

Así mesmo, mentres Iolanda Veloso reiterou que o seu grupo defende aos que máis sofren coa o pasan, senón aos seus xefes que lles dixeron que fixesen un discurso destrutivo, para ver se recuperan algo do apoio electoral perdido". "Fan a peor política posible, a da destrución. Son incapaces de construír nada", sentenciou Silva.
 

Te puede interesar