Tráfico pon en marcha unha campaña de control do cinto

Axente de Tráfico. (Foto: ARQUIVO)
A Dirección Xeral de Tráfico iniciará hoxe, luns, unha campaña especial de control do uso do cinto e dos sistemas de retención infantil, que se prolongará ata o 15 de setembro. Surante unha semana, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil incrementarán os controis, comprobando que tanto condutor como ocupantes dos vehículos fan uso do cinto de seguridade. Así mesmo, os axentes comprobarán que os menores viaxan cos correspondentes sistemas de retención infantil axeitados ao seu peso, idade e estatura.
A campaña consistirá nun importante incremento dos controis coa utilización do máximo número de medios humanos e materiais dispoñibles. Sempre que sexa posible, tanto os paneis de sinalización variable como as pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil que se atopen nas inmediacións, advertirán aos condutores da existencia próxima de controis.

A Garda Civil recordou a necesidade de empregar sistemas de retención homologados para os menores e do uso do cinto de seguridade para os usuarios de vehículos.

Te puede interesar