AUTOVÍA LUGO - SANTIAGO

O tramo entre Palas de Rei e Guntín da A-54 entrará en servizo en outubro

635781129229039862w
photo_camera Núñez Feijóo presentando el tramo de la A-54 entre Lugo e Santiago.

O presidente da Xunta avanzou que en novembro deste ano está prevista a aprobación dos proxectos construtivos dos tramos Palas de Rei-Melide e Melide-Arzúa

A ministra de Fomento, Ana Pastor, anunciou este xoves que en outubro entrará en servizo o tramo entre Palas e Guntín da autovía A-54 (Lugo-Santiago), de forma que estarán operativos máis de 35 quilómetros dende a capital lucense (aparte dos 9 quilómetros que unen Santiago con Lavacolla).

Así mesmo, avanzou que en novembro deste ano está prevista a aprobación dos proxectos construtivos dos tramos Palas de Rei-Melide e Melide-Arzúa, co fin de poder licitar as obras canto antes.

Este xoves, a ministra de Fomento, Ana Pastor, asistiu á posta en servizo das obras da autoría LU-12 de conexión entre a A-54 en Vilamoure coa Nacional 540 en Esperante, no Concello de Lugo, que permite aos residentes en Lugo coller a autovía sen ir a Nadela.

Este tramo de 3,6 quilómetros complementa as obras dos tres tramos da autovía A-54 entre Lugo e Guntín, que están en servizo dende marzo de 2015.

18 MILLÓNS DE INVERSIÓN PARA O ENLACE

O presuposto da inversión das obras que se puxeron en marcha esta tarde é de 18,3 millóns de euros -dos cales 11,5 corresponden á inversión en obra, 6,2 millóns ás expropiacións e 0,6 millóns aos contratos de asistencias técnicas de proxecto e vixilancia-, segundo concreta Fomento.

A infraestrutura está formada por dúas calzadas de dous carrís de 3,5 metros cada unha, con beiravías interiores dun metro, exteriores de 2,5 metros e mediana con barreira separando ambos os dous sentidos.

A ministra Ana Pastor, pasada a inauguración e ás portas da Deputación de Lugo onde a esperaba a presidenta provincial, a popular Elena Candia, asegurou que: "As obras vense e, polo tanto, creo que é unha infraestrutura moi importante para Lugo e para a vertebración de toda a provincia e Galicia co resto".

"Como non puiden estar na posta en servizo dos outros tres tramos (da autovía A-54), no mes de marzo, ao rematar isto cunha inversión tan importante quixen estar hoxe presente en Lugo e vou ter a oportunidade de estar coa presidenta (Elena Candia) que imos tratar os distintos temas de infraestruturas que afectan a toda a provincia e me pedira verme e eu moi gustosa quixen estar aquí en Lugo", subliñou Pastor.
 

Te puede interesar