UGT-Galicia denuncia a 'parálise' que se vive na comunidade na aplicación da Lei de Dependencia

A Secretaría de Servizos Sociais e Políticas de Igualdade de UGT-Galicia denunciou a 'parálise' que se rexistra na comunidade na aplicación da Lei de Dependencia, así como 'a falta de transparencia e participación dos axentes sociais no seguimento da súa aplicación'.
A central incidiu en que 'a Xunta non pode xustificar a lentitude da aplicación desta Lei na carencia de recursos', xa que 'nos Presupostos de 2011 o programa destinado á dependencia aumentou a súa contía' nun 3 por cento'.

UGT-Galicia explicou que 'segundo o calendario de aplicación disposto na Lei', un total de '59.523 persoas con grao e nivel de dependencia recoñecido deberían ser beneficiarios dos servizos e prestacións dispostos no sistema de atención á dependencia' pero 'a realidade mostra que tan só 30.069 persoas son beneficiarias dalgunha prestación'.

Deste xeito, 'un total de 29.454 persoas non están a percibir os servizos aos que teñen dereito', e se atopan 'somerxidos no limbo de elaboración dos Plans Individuais de Atención (PIA)' que en opinión de UGT-Galicia 'é o subterfuxio que emprega a Administración para atrasar o acceso ao sistema de atención á dependencia'.

Neste sentido, o sindicato sinalou que a resposta a esta situación que se lle deu dende a Xunta é que 'teñen preferencia os expedientes das persoas con grao III -28.642 ditames-, de gran dependencia, sobre aqueles en grao II -23.944 ditames-.

Así, UGT-Galicia denunciou que 'a realidade exposta pola Administración autónomica non coincide cos datos publicados polo Imserso', que constatou que 'o número de ditames de grao III descendeu nun 18 por cento respecto ao ano anterior', feito ao que se une unha caída de '19 por cento nas prestacións económicas vinculadas a coidados familiares'.

Te puede interesar