LONGA TRAXECTORIA

A UPG reivindica 50 anos de defensa da soberanía

Reitera o seu "compromiso político" co BNG para "buscar mellores fórmulas" 

O secretario xeral da Unión do Povo Galego (UPG), Néstor Rego, reivindicou a súa defensa da "soberanía" de Galicia en 50 anos fronte ao "sometemento" e "integración" en "dinámicas políticas estatais" doutras forzas políticas. "Como infelizmente outros fixeron nos últimos tempos", lamentou Rego en relación a Anova, aínda que non a mencionou expresamente. De tódolos xeitos, sinalou que "cada un terá que resolver os seus propios problemas e as súas propias contradicións", referíndose outra vez á forza que, xunto con Esquerda Unida (EU), forma a coalición parlamentaria Alternativa Galega de Esquerda (AGE).

Nesta mesma liña, Rego remarcou que, actualmente, "hai outros que comparten "a posición que sempre defenderon a UPG e o BNG". En concreto, referiuse a Cerna, o grupo que acaba de escindirse de Anova. Non obstante, rexeitou valorar esta nova forza política ao soster que "é a outros aos cales lles corresponde avaliar o que isto supón".

50 aniversario

Sobre o 50 aniversario da UPG, Rego destacou que esta é a organización política galega de "máis longa traxectoria". "Non todos os días un organización política hai 50 anos", apostilou ao respecto. Sobre o obxectivo que persegue a UPG dende a súa constitución en 1964, Rego destacou a "soberanía" de Galicia para acabar coa "dependencia colonial" que, na súa opinión, vive esta comunidade. Por iso, subliñou que o feito de "reivindicar a soberanía nacional continúa vixente". Así, incidiu en que hai que analizar a Galicia como unha "nación" e como unha "nación oprimida".

Nesta mesma liña, reiterou o "compromiso político" desta forza nacionalista co proxecto do BNG para "buscar mellores fórmulas".

Te puede interesar