Entrevista

Xavier Vence: “En absoluto vexo ao BNG en situación de crise ou en risco de desaparición"

vence_sentado_result
photo_camera Xavier Vence, no seu despacho na Universidade de Santiago de Compostela.

En marzo de 2013, o BNG confioulle o mando, considerado por moitos o 'Krugman galego'.

En marzo de 2013, o BNG confiou o mando a Xavier Vence, considerado por moitos o 'Krugman galego'.

Pensaba que ía ser tan duro?
Posiblemente non. A realidade supera as expectativas en complexidade e dificultade nun momento político de moita colvulsión e de falta de referencias para moita xente. 

Sorprendeulle o resultado das municipais? 
En parte si e en parte non. En termos xerais había un expectativa de que o PP podía ter uns resultados moi malos e así foi. Perdeu moito poder municipal, posiblemente máis do que eu podía esperar. En canto ao BNG tivemos uns resultados que foron na liña do que esperabamos, pero tamén máis negativos do previsto nalgunhas cidades. 

Que lle dan as Mareas á xente que non consegue ofrecer o BNG?
Creo que depende de que mareas, que candidaturas municipais e tamén en que sitio. Nesta ocasión a xente apostaba en moitos espazos polo cambio, pola derrota do PP e pola consolidación de proxectos de transformación. Alí  onde o BNG tiña boas posicións, onde era o referente e a mellor expectativa para derrotar ao PP tivo un gran respaldo, sexa en cidades como Pontevedra ou en vilas importantes do país como Allariz, Carballo, Poio, Bueu, Tomiño... En cambio alí onde non eramos capaces de ser visualizados como alternativa para derrotar ao PP a xente que quería cambio optou polas fórmulas que lle parecían que podían ter máis éxito. No caso da Coruña e Santiago, na medida que os propios inquéritos refrendaban a  posibilidade de ser maioría, fixo que houbese un voto últil para todos os que querían derrotar ao PP. Tamén creo que ese éxito é circunscrito a ese tipo de circunstancias, non é xeneralizable a todo o país. Nuns sitios as expectativas de cambio recolleunas o BNG, noutros podemos decir que foi o PSOE  e noutros estas candidaturas. 

En Ourense quedaron sen representación logo de gobernar hai pouco;  na Coruña o BNG quedou cun único concelleiro e tamén gobernara ata hai catro anos có PSOE. Igual a pregunta parécelle dura pero cre que o BNG corre o risco de desaparecer como din algúns?
En absoluto. O BNG ten necesidade de reformular o seu discurso, en particular no ámbito urbano, ten necesidade de xenerar mellores sentimentos de cara á cidadanía, en particular de cara a xente nova, ten que ser capaz de representar o que é un proxecto de transformación e de defensa do país cun proxecto inclusivo e aberto, amistoso para toda a xente  diversa que quere mundar as cousas. Temos aí unha tarefa pendente que empezamos dalgún xeito coas asembleas abertas. Alí onde fomos capaces de que funcionaran ben tivemos éxito. Temos que seguir afondando nesa idea e reforzar o que para o BNG ten que ser tamén un obxectivo, que é a capacidade de integración e de unidade das forzas que desexen transformar o país en clave galega e en clave nacional. Necesitamos afondar nesa estratexia pero en absoluto vexo ao BNG nunha situación de crise ou de ameaza de desaparición. Ao contrario, nas municipais reforzamos a implantación no territorio galego, somos a terceira forza en representación e en votos, e somos a terceira en implantación territorial. E despois de nós, todo o demáis queda moi lonxe. 

En Ourense equivocáronse coa candidata?
Non creo que sexa un problema da candidata, senón dunha dinámica de crise que ven da participación dun cogoberno có PSOE que acabou resultando un fiasco e iso arrastrou a imaxe do BNG diante dunha gran parte do electorado. 

En Lugo, ao non aceptar ao socialista Manuel Martínez como candidato por estar imputado, a Deputación acabou en mans do PP. Foi unha imposición de Santiago?
A razón do resultado débese a un problema do PSOE, xa que non foi quen de garantir un candidato que tivera o aopoio das dúas forzas e tivo o problema de indisciplina interna de Manuel Martínez. O PSOE sabía desde o primeiro día cales eran as condicións do BNG para apoiar a candidatura á Deputación. Nós en ningún caso apoiaremos a candidatos que estén incursos en imputacións xudiciais. O PSOE xa o sabía  e son eles os que terán que correxir a situación para poder darlle á Deputación de Lugo un goberno estable e maioritario, porque neste momento non o ten. 

Teñen data para presentar a moción de censura para recuperar a Deputación?
Depende do PSOE. Unha vez que aclare a súa situación interna e consiga os apoios dos seus once deputados provinciais o BNG está disposto a negociar para acordar un programa de goberno. 
Sabe que Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo e do BNG, tamén está imputado por un caso parecido ao de Martínez...
En calquera caso son situacións diferentes e así o explicamos á cidadanía e ao PSOE. Para nós, cando unha persoa desempeña un cargo e como consecuencia dunha acusación de parte do PP ou doutra organización ten que acudir a un xulgado a declarar por cuestións de tipo administrativa, non pedimos a dimisión. Cremos que é lóxico que esa persoa se poda defender en sede xudicial con normalidade. No caso de Lugo o problema é diferente porque habendo moitos candidatos posibles, non hai necesidade de propoñer a algúen que ten un problema xudicial.

¿Sabe que Martiño Noriega doeulle algunha descualificación súa durante a campaña? Tamén dixo que non lle garda rencor.
Non o sei e tampouco sei cal pode ser o motivo. Igual hai hipersensibilidade dalgunha xente, aínda que eu nunca fixen descualificacións nin políticas nin persoais de ninguén.

En Avión aínda están a esperar por Vence. Foi un erro presentarse sen contarllo antes á concelleira que tiñan alí e que acabaron perdendo? 
Esa candidatura tiña o obxectivo simbólico de denunciar o caciquismo e a presión do PP que dificulta a participación política da ciudadanía, non só na pronvincia de Ourense, senón tamén noutras partes de Galicia. Nese sentido creo que foi un éxito porque serviu para que moita xente sexa máis consciente de que hai ese problema. 

A lea con Manuel Baltar nas redes sociais foi curiosa...
Descubrín que ademáis de presidente hereditario da Deputación de Ourense é un 'hooligan' na comunicación nas redes sociais. 

E nas vindeiras eleccións xerais o BNG vaise presentar sen as súas siglas.
Xa dixemos hai dous meses que imos contribuír a formar unha candidatura unitaria, nacional, galega. De partida xa renunciamos á presentación coas nosas siglas. Queremos sumar ao redor desa candidatura a todas as forzas galegas. Será soberana, con personalidade xurídica e onde as decisións se adopten só en Galiza, para acadar unha representación importante no Congreso para defender os intereses inmediatos e os estratéxicos como nación, pois cremos que nesta lexislatura tense que debater a configuración do Estado. Creo que debe abrirse unha reforma en profundidade da Constitución e nós apostamos porque Galiza esté representada con forza para defender o seu carácter nacional e para que se recolla o dereito a decidir. Queremos sumar a todas as forzas e a toda a cidadanía que pense en clave Galego. Imos tratar de sumar a todo o mundo sen facer das siglas un problema. 

Un acordo con Podemos semella algo improbable, non si?
Na medida que Podemos se formula cun proxecto estatal e cun discurso cada vez máis centralista e caudillista, cun hiperliderado onde parece que todas as decisións se adoptan en función da estratexia de Pablo Iglesias  isto resulta contradictorio cunha candidatura galega que teña como obxectivo defender de xeito soberano os intereses de Galiza en Madrid. Podemos aposta por unha candidatura coas súas propias siglas e o BNG en ningún caso pensa incorporarse a unha candidatura dunha forza estatal. Estamos dispostos a entendernos con todas as forzas galegas para conformar esa candidatura unitaria non esté subordinada en Madrid. Estamos abertos a todos os que o vexan así  pero en ningún caso a sumarnos a unhas siglas de carácter estatal. 

E a quen invitamos a xantar? A Anova, EU, CxG, as Mareas...?
Iso é moito máis. Queremos que todos os colectivos sociais e persoas que queiran contribuír a esa candidatura galega para ter un grupo soberano en Madrid compartan o proxecto.  Debe haber unha grande participación da cidadanía que non está afiliada a partidos políticos. 

Non poñamos  logo siglas  para esa candidatura unitaria galega de cara as xeráis, pero poñamos candidato.
Ten que saír dese proceso. Non temos prefigurado quen ten que ser o candidato ou ''a candidata. Teñen que ser unhas persoas que nos sirvan a todos como referentes e garantes dos intereses de Galiza e a aposta pola transformación do sistema político español, coa aposta pola rexeneración democrática e por combater de xeito implacable a corrupción e por unha reforma da Constitución  que recoñeza o carácter nacional de Galicia e o dereito a decidir. 

Vai ser vostede candidato á Xunta de Galicia?
Non me plantexei iso. Estamos traballando de cara as eleccións xerais, que van ser importantísimas. E despois o BNG tomará as decisións de cara aos seguintes procesos e xa veremos daquela.

E si lle piden que encabece vostede esa candidatura unitaria para as xerais?
Non está no meu horizonte esa posibilidade. 

Por primeira vez a manifestación do 25 de Xullo non foi convocada polo BNG. É un paso de cara a formar esa candidatura?
Non é en si mesmo un paso, pero desde logo para o BNG si forma parte dun espírito de crear as  condicións que faciliten o diálogo, o entendemento e a colaboración entre as forzas políticas que desde o nacionalismo e a esquerda poidan facilitar unha estratexia de cara ao futuro. Son dúas cuestións diferentes, aínda que efectivamente por primeira vez hai un 25 de xullo unitario desde a caída da ditadura cos colectivos cívicos presidindo a manifestación e coas forzas políticas  participando como uns máis dentro do acto baixo o lema: "A nación galega". 

Por que en Galicia non calla o discurso soberanista do BNG?
En Galiza hai un sentimento nacional moi estendido pero tamén diría que non é un discurso nacional formulado en claves de rutura radical de xeito inmediato. Creo que hay avances importantes en certos sectores da sociedade do que é a conciencia nacional pero queda moito traballo por facer para conseguir que a maioría deste país aposte realmente por unha Galiza soberana. As dificultades proveñen de moitos frentes que teñen que ver coa historia do país, da estrutura económica e social, xa que non temos unha burguesía dominante que pense en clave de país e nacional, cousa que si ocorre no País Vasco ou en Cataluña. Acompañado diso hai unha febleza dos aparatos de creación de opinión e de información que son antenas do discurso estatal e madrileño. Iso tamén dificulta a consolidación dunha idea de nación e dun discurso de país. A esos factores tamén podemos engadir erros propios na estratexia do nacionalismo, xa que non sempre se acertou . 

Sente envexa polo que está pasando en Cataluña?
Si. En Cataluña conseguiuse consolidar de forma transversal a idea de que son unha sociedade madura que pode voar libre e que non necesita de Madrid para situarse no mundo e en Europa. A mín gustaríame que a sociedade galega maioritariamente chegara a un grado de madurez e de autoconfianza como acadou a sociedade catalana para facer o que consideren oportuno de xeito democrático. Espero que Galiza, máis pronto que tarde, sexamos capaces de que a maioría da cidadanía se vexa con confianza en si mesma para entender que os galegos podemos autogobernarnos mellor que dependendo dun Goberno central que pensa máis en clave doutros intereses. 

Pero velle futuro as eleccións plebiscitarias ou cre que o Goberno central pode chegar a suspender a Autonomía?
Creo que na situación na que estamos, na altura de 2015 en Europa,  calquer decisión do Estado que non respecte a vontade maioritaria da sociedade catalana tería moi pouco recorrido e moi pouca lexitimidade. Só conseguiría afondar na fenda política e sentimental entre Cataluña e o Estado. O único responsable é aceptar o dictamen que maioritariamente adopte a sociedade catalana de xeito democrático. 

Entende os arrebatos de Xosé Manuel Beiras no Parlamento galego? 
O BNG aposta por unha forma de facer política no Parlamento galego de oposición radical e contundente ás políticas desastrosas do PP pero acompañando sempre cun discurso contrutivo e positivo. Cremos que unha certa escenificación dalle 'vidilla' á política pero os excesos poden ser contraproducentes. 

Ve o futuro de Alberto Núñez Feijóo en Galicia?
Desde logo que o que teño claro é que o Futuro de Galicia non está con Feijóo. Creo que Feijóo estivo en Galicia sempre de paso, obedecendo a unha extratexia do Partido Popular estatal e madrileño. Teño claro que cumplíu cunha estratexia de recortes e recentralizadora do Goberno central e conseguidos os obxectivos con resultados nefastos para a economía galega e para o autogoberno, penso que a súa aspiración é volver a Madrid. O que non sei e si Madrid lle pagará os favores ou non. Ao mellor os servizos prestados aquí contra de Galicia non acaban sendo suficientes. 

Agarda que  José Ramón Gómez Besteiro saia ben da imputación?
Non teño a menor idea. Deséxolle que así sexa e espero que a situación se clarifique canto antes, polo ben persoal e tamén pola situación política do país.

Explícase o acordo ao que chegaron PP e PSOE para renovar institucións como o Consello de Contas ou o Consello da CRTVG?
Non, creo que responde a un pasteleo pouco claro no último tramo da lexislatura para nomear os diferentes cargos para seis anos polos intereses do PP có apoio irresponsable do PSOE. 

Te puede interesar