OPOSICIÓNS

A Xunta destaca a "alta participación" na segunda xornada das oposicións do Sergas

636000365936725121w
photo_camera Os candidatos realizaron as probas en Silleda. (FOTO: Lavandeira jr.)

Un total de 3.391 aspirantes presentáronse este domingo aos exames da Oferta Pública de Emprego do Sergas.

A Xunta destacou este domingo a "alta participación" na segunda xornada das oposicións do Servizo Galego de Saúde (Sergas) celebradas en Silleda (Pontevedra).

Así, un total de 3.391 aspirantes, preto do 85 por cento do total de convocados na segunda xornada a 201 prazas na sanidade pública galega, presentáronse este domingo aos exames da Oferta Pública de Emprego do Sergas, segundo precisou a Xunta nun comunicado.

Durante a xornada, realizáronse, na quenda de mañá, os exames das categorías de fisioterapeuta, técnico superior en hixiene bucodental e técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico, aos que estaban convocados 2.375 aspirantes e, dos cales, participaron 1.994.

Na quenda da tarde, participaron 1.397, do total de 1.631 aspirantes convocados das categorías de enfermeiro especialista en obstetricia e xinecoloxía, técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico superior en imaxe para o diagnóstico e terapeuta ocupacional.

Te puede interesar