O Concello organiza un taller para facer cigarróns

O Concello de Verín organiza un obradoiro para aprender a facer o disfrace de cigarrón, ben sexa completo ou partes desta máscara. Os interesados poden inscribirse até o día 26 de novembro na Casa do Concello, na oficina de información (planta baixa).
As actividades formativas comezarán na primeira quincena de decembro, e na semana que remata co Domingo de Corredoiro exporanse na Casa do Escudo os disfraces que se confeccionaron. Para participar é imprescindible ter libres a tarde ou tardes nas que se desenvolvan as actividades. O martes día 30 de novembro, ás 20.30 horas, haberá unha reunión na Casa da Cultura para presentar os formadores.

No Obradoiro do Cigarrón ensínaselles ós inscritos a facer os elementos artesanais da máscara. Tamén se  informa aos participantes  sobre o  tipo de calzado que harmoniza co traxe. O prezo da inscrición para participar en todas as actividades é de 75 euros, mentres que para realizar só o traxe ou a careta é de 50 euros.

Te puede interesar