Gerardo Seoane, alcalde de Verín, recorda aos seus veciños e titulares das parcelas situadas a menos de 50 metros dos lindes dos núcleos rurais ou viviendas illadas do municipio, que deben mantelas limpas de biomasa, para contribuír a unha adecuada protección contra o lume forestal, ademais de que na mesma franxa de 50 metros non poderá haber árbores como o piñeiro, a mimosa, a acacia, o eucalipto e a xesta, entre outros.
Pola súa parte, José Luis Suárez, alcalde de Monterrei, dentro do Plan de Prevención e Defensa contra os incendios forestais do municipio, convoca aos veciños de diferentes núcleos a reunións durante esta semana para dar a información necesaria, entre os que se atopa Flariz, A Salgueira, Vilaza, Guimarei e Infesta, entre outros -máis información no Concello-.
O prazo de limpeza remata o 31 de maio, e se os veciños non limpan poderán ser sancionados.