Oímbra abre o prazo para inscribirse á Ludoteca de verán

oimbra_result
photo_camera Imaxe de arquivo da casa consistorial de Oímbra.

O CDR Portas Abertas tamén organiza un programa de conciliación familiar

O Concello de Oímbra abre a inscrición a “Oímbra Verán 2021”, a ludoteca organizada polo consistorio para nenos de 3 a 14 anos empadroados no municipio. Por mor da crise do coronavirus, dende o Concello informan de que os grupos serán reducidos e se realizará un protocolo de prevención.

A ludoteca desenvolverase do 28 de xuño ata o 31 de agosto, de 09,00 a 14,00 horas para favorecer a conciliación familiar das familias do municipio. Ademais, a atención será da man de persoal especializado e os cativos poderán facer deporte, aprender inglés e divertirse durante as mañás de verán.

ludoteca oímbra

Conciliación en Portas Abertas

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas organiza o seu Programa de Conciliación de Verán, que se desenvolverá de 10,00 a 13,15 horas en xullo e agosto, un proxecto enfocado aos máis cativos. Dende o centro informan de que este ano se reducen prazas, polo que cómpre informarse pronto.

Te puede interesar