trasnporte

Seoane pide a Fomento melloras no transporte da vila de Verín

Gerardo Seoane y Benito Bermejo.
photo_camera Gerardo Seoane e Benito Bermejo.

Trátase da ponte que unirá Pazos e a estrada de Portugal, e da substitución das luminarias da vila

O rexedor de Verín, Gerardo Seoane, viaxou ata Madrid co obxectivo de buscar novos compromisos institucionais para mellorar a vila en materia de mobilidade, aforro enerxético e transporte. O alcalde mantivo unha xuntanza co subdirector xeral de Xestión e Transporte Terrestre do Ministerio de Fomento, Benito Bermejo, ao que lle mostrou dous proxectos concretos. Por unha banda, unha ponte que una o vial trazado entre o Polígono de Pazos e a estrada de Portugal "destinada a eliminar o tráfico pesado do centro da vila e que reducirá significativamente as emisións". Pola outra, o documento para a substitución das luminarias da vila e que o Concello xa comezou pola súa conta. 

O representante de Fomento comprometeuse a realizar un seguimento dos mesmos, a prol dun Verín máis sostible.

Te puede interesar