EL CRONISTA LOCAL

Malas podas nos árbores de Ourense

Como cidadán ourensán, con coñecemento nestas prácticas, prodúceme carraxe ver as barbaridades que se están a cometer, facendo podas sen criterio, cortando ramas sen sentido, sen ter en conta ao podar as árbores a diferente forma de vexetar de cada especie, dándolles igual que sexan para dar flor, sombra, etc. Pódanse como se fosen bonsais. Ao parecer, o Concello adxudicoulle a unha empresa privada facer estas podas. Eu pregúntome: esta empresa en cuestión, ten persoal cualificado con suficiente formación?. Onde están os técnicos de Medio Ambiente do Concello para supervisalas?.

Malas podas nos árbores de Ourense

Gonzalo Sánchez