ECOLOXÍA

Os nenos festexan á cultura e á natureza na Insua dos Poetas

Sete colexios da comarca celebraron o Día da Árbore, da Auga e da Poesía xuntando a máis de 200 alumnos no paraxe de Madarnás

A Insua dos Poetas, situada na Esgueva (Carballiño) foi escenario onte da celebración do Día da Árbore, da Auga e da Poesía, que fora aprazada por causa do mal tempo. Participaron sete centros educativos: IES Nº 1, IES Chamoso Lamas, Colexio Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro, do Carballiño; e da comarca os colexios de Bearíz, O Irixo e Boborás. Cada centro elexiu unha especie de árbore e realizou unha actividade vencellada con ela. Así, léronse textos dramatizados, cantáronse cancións e se realizaron coreografías sobre o amieiro, o buxo, o loureiro, o madroño, a cerdeira, o carballo e o salgueiro.

Durante o acto exaltouse a natureza e tamén a lingua. Ao respecto, Luis González Tosar, impulsor deste espazo no que conviven a natureza, a literatura e as artes, dirixíase aos escolares, no sentido de que "non só hai que controlar a gramática e a ortografía , invítovos a falar tamén en galego".

O acto estivo organizado polo Instituto Chamoso Lamas e contou coa asistencia do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o concelleiro de Cultura do CarballiñoWhatsApp Image 2017-04-24 at 11.35.49, Diego Fernández;  e os directores dos dous institutos do Carballiño, José Manuel Vázquez e Manuel Amil, xunto con profesores dos centros participantes. 

Valentín García e Rosendo Fernández destacaron a Insua dos Poetas como un espazo aberto onde se cultiva a educación, a cultura e o medio ambiente. Diego Fernández tamén se refería a auga como un ben moi preciado co que "sabemos que vamos a ter problemas".

Como as plantas xa están floridas non se puideron plantar todas as árbores que estaban previstas antes do aprazamento da celebración.

González Tosar tamén anunciaba a colocación na Insua dun novo grupo escultórico dedicado a Carlos Casares, coincidindo coa X Festa da Palabra, o próximo 22 de xullo. Esta escultura complementará ás nove que xa hai, dedicadas a outros escritores galegos. 

Te puede interesar