Aspadisi dará lectura ás cantigas e interpretará o Himno Galego, para rematar co percorrido polo “roteiro” de Manuel María
A Praza Maior do Carballiño será o escenario dos actos de celebración do Día das Letras Galegas. O seu comezo está previsto para as 12,30 horas coa interpretación da canción “O carro”, por Aspadisi (Asociación de familias con discapacitados).
Seguirá a declaración institucional do alcalde, Francisco Fumega, que publicou un bando mostrando o orgullo e gratitude hacia Manuel María por terlle dedicado ao Carballiño e á comarca as cantigas sobre os lugares máis senlleiros, persoeiros e os oficios tradicionais.
Aspadisi dará lectura ás cantigas e interpretará o Himno Galego, para rematar co percorrido polo “roteiro” de Manuel María.