A ampliación do colexio público de Maside supón 470.000 euros

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou onte cinco centros educativos da provincia, para constatar o estado dos mesmos así como o resultado das obras de mellora realizadas durante este derradeiro ano. A xornada foi unha primeira toma de contacto coas Asociacións de Nais e Pais de Alumnos así como cos equipos directivos dos centros que se visitaron.
O responsable do departamento autonómico estivo a primeira hora da mañá no colexio público de Maside, no que este verán se realizará unha obra de ampliación cun orzamento de 470.000 euros, para a que o conselleiro confiou 'esté rematada no mes de decembro e que os estudantes poidan aproveitar as melloras que se van realizar'.

Na actualidade, este centro está dividido en dous edificios que distan un quilómetro entre si; nun deles están os nenos de Infantil e Primaria, e noutro os rapaces de Secundaria. Precisamente neste último, é onde a Consellería de Educación vai a acometer a ampliación, pola que se construirá un edificio anexo de 300 metros cadrados que albergará seis aulas de infantil e primaria.

Xesús Vázquez tamén visitou os colexios de Infantil e Primaria 'A Ponte' e 'Prácticas', así como as instalacións do Instituto de Secundaria '12 de outubro e o Centro de educación especial 'Miño', todos eles na cidade.

Te puede interesar