O CARBALLIÑO

Antonio Montero repite como candidato do PP á alcaldía de Avión

Antonio Montero chegou á política local pola súa implicación na organización de actividades culturais e deportivas para os mozos

Antonio Montero repite como candidato do PP á alcaldía de Avión

Antonio Montero Fernández encabezará de novo a lista que o Partido Popular presentará ás eleccións do 26 de maio no Concello de Avión, onde goberna con maioría absoluta desde  o 2007. Para o presidente provincial, Manuel Baltar, a candidatura ofrece “toda unha garantía para Avión e os seus habitantes polo apego á terra que sempre demostrou persoal e políticamente”.

Antonio Montero chegou á política local pola súa implicación na organización de actividades culturais e deportivas para os mozos. Era o ano 2003 “e nunca antes me plantexara ir nunha lista, pero invitáronme, aceptei e entrei no goberno como tenente alcalde”. O falecemento en 2005 do entón rexedor, Francisco Gil, levouno á presidencia da corporación.

O proxecto de Antonio Montero para Avión estivo marcado estes anos pola prestación de servizos, “en particular os de carácter social tendo en conta que temos moita xente maior”, puntualizou. O candidato engade que "é nosa obriga incrementar estes servizos mirando, por exemplo, cara aos nenos cunha gardería, ou mellorar as instalacións deportivas e organizar todo tipo de actividades para os veciños de calquera idade”. Ademais de referirse a necesidades de manter unha boas comunicacións.