A asamblea do BNG carballiñés elixe a Eladino Cabanelas como secretario local

Eladino Cabanelas Fernández é o novo responsable local do BNG no Carballiño, tra-la súa elección o pasado venres por parte da asamblea de militantes, reunida na sede desta formación política. A súa elección fíxose por consenso.
Cabanelas colle o relevo de Áurea Francisco Lorenzo, que aínda que se mantén coma integrante do consello local nacionalista, adicarase máis a fondo á súa tarefa como concelleira na Corporación municipal do Carballiño.

Nomeamentos

Na mesma asamblea do venres, foron nomeados os restantes membros da executiva do BNG, entre os destacan os postos de vicesecretario para Diego González Valeiras, e de Cándido Fernández Domínguez como responsable de organización para sustituir a Eladino Cabanelas neses cargos.

Ademais de Áurea Francisco, tamén conforman o consello Ramiro Alberte Sánchez, Victor Vázquez Gulías, Marco Antonio Reboredo Blanco e Pilar Barros Barco.

Eladino Cabanelas é natural da parroquia de Vilela, no Concello de Punxín, municipio onde foi voceiro do BNG entre os anos 2003 e 2007, integrando -xunto con dous ediles socialistasa oposición ó alcalde ‘popular’ Isaac Fernández.


Te puede interesar