FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
O CARBALLIÑO
A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural autorizou o proxecto de actuación arqueolóxica para a posta en valor do marco Mesa dos Bispos, situado na localidade de As Antas, en Beariz. A intervención será levada a cabo polo arqueólogo Jorge Lamas Bértolo e o seu equipo, que ten previsto comezar o próximo martes. Trátase dun marco datado na Baixa Idade Media e Época Moderna ubicado no punto de encontro das xuridicións eclesiásticas de Ourense, Santiago e Lugo e que tamén dividía outras tres xurisdicións laicas, a de Montes, a de Caldelas de Orcellón e a do Deza, segundo apunta Jorge Lamas.
Os traballos consistirán na limpeza da parcela na que se localiza o marco e a escavación arqueolóxica dunha cata de 2x1 metros aproximadamente no contorno do marco co fin de retiralo e comprobar en que condicións se atopa a parte soterrada e a que profundidade. Coas excavacións tamén se persigue localizar posibles restos doutras tres pedras que formarían parte do conxunto "Mesa dos Bispos". Posteriormente delimitarase o espazo e farase unha limpeza do marco.
"Pretendemos axardinar a contorna e recolocar o marco xurisdicional porque agora está inclinado e mal orientado, tamén se colocará un panel explicativo de como era esa zona fai 400 ou 500 anos", indica o arqueólogo.
O marco ten forma rectangular, un metro de alto, 50 centímetros de ancho e 25 de grosor, e ten as inscricións ORS, que corresponde a xurisdición de Ourense; TO, de Santiago e LG, de Lugo.
"Está nun lugar importante de encontro de camiños, de arrieiros de paso entre Santiago e Pontevedra, e está dentro do Camiño Miñoto Ribeiro", señala Jorge Lamas.
Respecto da súa importancia histórica, engade o arqueólogo que "é dos poucos marcos que se conservan a nivel documental e físico", asegurando que "non coñecemos ningún outro marco na comarca que delimite tres xurisdicións tanto eclesiásticas como laicas".
O Concello de Beariz posúe unha importante riqueza arqueolóxica, con numerosas mamoas e castros, entre outros restos. O Concello tamén está agora á espera de obter autorización e conseguir financiación para escavar no castro de Magros.
Jorge Lamas foi tamén o director das escavacións que se levaron a cabo recentemente, en torno aos meses de marzo e abril pasados, na Torre Medieval de Godás, no Carballiño. Os traballos deixaron ao descuberto os muros desta torre defensiva do século XIV, que agora xa pode ser visitada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
FESTAS DO MONTE
Concierto de Terapia de Grupo
PERSONAJES DE MADERA
Exposición de Moxom
TRIUNFO DEL LOCAL
Jacobo Senín ganó en A Estrada
NUEVA EDICIÓN
39 edición del Campamento Urbano Amencer