O BNG advirte sobre a falla de servizos na avenida residencial do Parque carballiñés

LR- A Avenida do Parque está nunha situación de total esquecemento por parte do equipo de goberno do Concello do Carballiño, xa que precisa unha serie de servizos básicos que outros viales do casco urbán similares disfrutan hai anos, asegura o grupo municipal do BNG. Neste sentido, Bernardo García, voceiro de Urbanismo e Persoal, lembra que ’dende o ano 1987 que se construiu, as infraestructuras de abastecemento, alumeado e saneamento siguen sin concluir’.

 Estes servizos foran reclamados polos nacionalistas a finais do ano pasado, e o alcalde Carlos Montes respostara que o Concello iba encargar un proxecto integral para a renovación de canalizacións e construcción de beirarrúas nesta avenida. Bernardo García comenta, ó respecto, que ’non só se encargou nada, senón que o Concello concede permisos a particulares para que coloquen enlousado na rúa sen cambia-las tuberías’.

 Prolongación

 O concelleiro do BNG engade que ’a gran cantidade de paseantes que utiliza esta vía pide o remate destas obras, que permitirán unir a vila co Parque etnográfico, e ir pensando na prolongación cara Godás, un espazo con moitas posibilidades de crecemento’. É precisamente esta área onde a venda de parcelas está en auxe con vistas á súa urbanización, tendo en conta a súa ubicación perto do cámping’.

Te puede interesar