TRANSPORTE

O BNG pide unha zona para aparcar camións en Carballiño

O grupo nacionalista fai especial referencia á situación que se vive na rúa Eladio Rodríguez González

O grupo municipal do BNG insta ao Concello do Carballiño a tomar as medidas que considere para buscar unha ubicación razoable para os camións que aparcan no centro urbano, fóra do horario de carga e descarga. Este grupo da oposición solicita a través dunha moción que o Concello coloque as sinais pertinentes e que lle correpondan, para prohibir o estacionamento na rúa Eladio Rodríguez Gonzalez de camións que aparcan de xeito permanente.

Os concelleiros do BNG Xosé Francisco Ferreiro e Sofía García refírense ás queixas dos veciños en relación ao aparcamento de camións dentro do casco urbano, coa conseguinte incomodidade e mala imaxe que conleva esta situación.

PROCURA DE SOLUCIÓNS

"Desde o Concello, téñense anunciado medidas correctoras sen que ata esta data se teñan visualizado solucións", sinalan os concelleiros. Engaden que "despois dun tempo razoable de espera,consideramos que non se pode demorar máis unha solución rápida".

A rúa Eladio Rodriguez Gonzalez, onde a súa apertura foi sufragada no seu momento a través das aportacións dos titulares dos solares, "significa unha evidente demostración destes singulares aparcamentos, parece que está "institucionalizada" esta rúa como lugar de estacionamento de vehículos de grande tonelaxe", apunta o BNG na súa moción, que tamén chama a atención sobre os danos que os camións ocasionan nas rúas.

Te puede interesar