ACTIVIDADES

A campaña sobre "Cooperativismo en movemento" chega a Carballiño

A Praza Maior acollerá unha exposición e un espectáculo do humorista e actor Marcos Pereiro

A campaña "Cooperativismo en movemento", que está a desenvolver a Xunta de Galicia por varias vilas galegas, chegará esta noite a Carballiño. O obxectivo desta iniciativa é difundir as vantaxes deste modelo empresarial e inclúe unha exposición e un espectáculo de humor.

A Praza Maior de Carballiño acollerá esta iniciativa, impulsada pola Consellería de Economía, a partir das 21,00 horas. O espectáculo leva por título "Salvar ó cooperativista Adrián" e corre a cargo do monologuista Marcos Pereiro. Este actor e humorista galego presentará o seu monólogo acompañado pola banda sonora en directo do pianista Cristian Leggiero. Nel, a través de diferentes elementos e recursos, combinados co seu particular humor, amosaranlle ao público o que se pode chegar a facer cooperando cos demais e incluso cun mesmo.

Ademáis do espectáculo, tamén se poderá visitar unha exposición sobre o cooperativismo galego que se instalará na mesma praza na que, en caso de choiva, se colocará unha carpa para manter a programación prevista.

"Cooperativismo en Movemento" remata no Carballiño despois de percorrer as localidades de Chantada e Foz, en Lugo; Pontevedra e Vilanova de Arousa, na provincia de Pontevedra, e Porto do Son, na provincia da Coruña. Esta programación rematará o día 1 de xullo, coa celebración do Día do Cooperativismo de Galicia. 

Te puede interesar