Carballiño, San Amaro e Boborás clausuran o obradoiro de emprego que compartiron

Desde o pasado 10 de agosto ata o día 9 deste mes de febreiro, ademáis do ensino das clases teóricas, executáronse diversas obras en cada un dos concellos asociados.

Hoxe clausúrase o obradoiro de emprego que compartiron os concellos do Carballiño, San Amaro e Boborás, nos últimos seis meses. Neste tempo, desde o pasado 10 de agosto ata o día 9 deste mes de febreiro, ademáis do ensino das clases teóricas, executáronse diversas obras en cada un dos concellos asociados.

No Carballiño, empedráronse diversas rúas peonís, transversais coa rúa principal, e se acondicionaron algúns tramos de adoquinado e beirarrúas céntricas. O obxectivo consistiu en mellorar a estética do centro urbano, seguindo a línea das rúas xa reformadas fai anos como Rosalía de Castro ou Tomás María Mosquera. Entre as obras, tamén destaca a ampliación da beirarrúa da rúa Aldara para facilitar o paso de cadeiras de rodas e mellorar a seguridade peonil.

En San Amaro, reformouse a casa do médico, para transformala nun velatorio segundo a normativa vixente, e a raíz da esixencia da Consellería de Sanidade de adecuar os centros sociais para poder velar aos difuntos. Grazas ao obradoiro, este concello xa dispón das instalacións adaptadas para este fin.

En canto ao Concello de Boborás, acondicionouse un local social en Paradela de Montes, seguindo o plan das autoridades municipais de dotar de un centro de reunións e para o desenvolvemento de actividades dos veciños en tódalas parroquias do municipio, ademais do acondicionamento e embelecemento dunha praza.

O obradoiro de emprego estivo subvencionado pola consellería de Economía da Xunta con 177.000 euros, mentres que as aportacións dos concellos para os gastos dos materiais foron de 45.300 euros O Carballiño, 4.500 euros San Amaro e 15.300 euros Boborás.

O acto de clausura vaise desenvolver hoxe no salón de plenos do concello do Carballiño, a partir das 13,00 horas. No decurso do mesmo entregaranse os certificados de profesionalidade en albañilería aos traballadores que participaron. Asistirá o alcalde, Francisco Fumega, así como a dirección do obradoiro, ademáis da totalidade dos alumnos que seguiron o curso.

Os tres concellos xa traballan na solicitude dun novo obradorio.

Te puede interesar