RODAXE DA ESMORGA

Unha casa de citas dos 50, con champán incluido

ESMORGA
photo_camera Actores e figurantes na casa de citas ambientadas nos anos 50.

O equipo da Esmorga reproduce unha casa de citas dos anos 50 nunha antiga discoteca do Carballiño. Trinta figurantes, a maioría da vila do Arenteiro, pero tamén moitos de fóra, interpretaron a prostitutas e clientes.

Dous días de rodaxe para cinco minutos escasos de película. A Esmorga recrea unha casa de citas dos anos 50, que foi construida e ambientada na sala dunha discoteca do Carballiño. Trinta figurantes, os actores e todo o equipo técnico reproducen a estancia dos tres personaxes de Blanco Amor na casa de citas. A grabación empezou onte e continúa o longo da xornada de hoxe, "é unha secuencia moi complicada porque hai moita xente e personaxes importantes, ademáis do baile", matizaba un membro do equipo.

O mundo do cine non deixa de sorprender cando se accede ós entresixos da grabación. Un barullo de profesionais que van e veñen preparando os equipos, facendo fotos e acicalando ós actores, ata que o director pide silencio e empeza a rodaxe, despois ves a escea na gran pantalla e ata costa recoñecela, pero eso é sen dúbida a maxia do cine.

Os figurantes da rodaxe no Carballiño interpretan ás prostitutas e clientes do prostíbulo. A maioría son da vila do Arenteiro, pero tamén proceden doutros lugares como Santiago, Pontevedra, ou doutros concellos da provincia. A súa curiosidade, precisamente por coñecer como se fai unha película, foi un dos motivos que os levou a presentarse ó casting que o equipo realizou no Carballiño. Así o comentaba Verónica Rodríguez, quen coma ós outros figurantes, non lle importa estar dende as 7,30 da mañá e ata ás 20,00 horas da tarde durante os dous días "e só para sair cun mozo, despedilo e arrimarme a outro". Raúl Silva, que fai de cliente, coincidía en afirmar que "gústame este mundo e máxime tendo en conta que é unha producción galega, é un pouco pesado pero nós non nos podemos queixar, porque ata nos trouxeron champán".
 

Te puede interesar