AUDIOVISUAL

O casco histórico do Carballiño acolle sesións de cine ao aire libre

Este mércores haberá unha pequena representación de microteatro, "Naturezas", a cargo de Aarón Gallego e Carla Fernández, para a continuación proxectar todo un clásico, "Casablanca".

O casco histórico do Carballiño acolle sesións de cine ao aire libre

Nesta semana, o Cine Club Carballiño vai celebrar unha nova edición do programa Flores de Cine, con proxeccións de películas ao aire libre dende as 22,30 horas no barrio histórico de Flores, e que este ano trae ademais novidades con respecto a pasadas edicións. O ciclo iníciase hoxe coa presentación, proxección e posterior coloquio do documental "Un país de cinzas", realizado polo colectivo Galizacontrainfo, e que contará coa presenza de Zelia García, representante do colectivo.

Este mércores haberá unha pequena representación de microteatro, "Naturezas", a cargo de Aarón Gallego e Carla Fernández, para a continuación proxectar todo un clásico, "Casablanca". O xoves día 12 proxectarase "El séptimo sello", aproveitando que se cumplen 100 anos do nacemento do seu director, Ingman Berman, rematando a sesión cun concerto de Anxo Blas.