gastronomía

Catorce bares do Carballiño súmanse á Ruta das Tapas do outono e inverno

O prezo das tapas será de 1,5 euros e haberá diversos obsequios directos e sorteos

Catorce establecementos hostaleiros participarán na nova edición 2018/19 da Ruta das Tapas do Carballiño, que comezará o próximo mes de novembro e se desenvolverá ata o mes de maio.

As bases desta iniciativa quedaron pechadas nunha reunión celebrada entre os hostaleiros, representantes do Centro Comercial Aberto e patrocinadores e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal.

Como na pasada edición, o prezo das tapas será de 1,5 euros e haberá diversos obsequios directos e sorteos. Así, regalaranse bolígrafos, xerras, chisqueiros, vales para os balnearios e vales de compra por valor de 10 euros que patrocina o Centro Comercial Aberto.


DOUS VENRES


As rutas celebraranse os dous primeiros venres de cada mes, se ben só se realizará unha presentación mensual en sete locais participantes mediante un sorteo.

Con esta iniciativa, na que participa a hostalería, o comercio e o Concello persiguese atraer público ao Carballiño durante os meses de outono e no inverno. Para elo, os responsables dos establecementos elixen diversas temáticas sobre as que elaboran as orixinais tapas coas que en cada edición sorprenden ós clientes.

Te puede interesar