Este incremento permite ter na actualidade unha ratio de cobertura próxima ao 95%.
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, comunicou ao alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, o incremento na cobertura da atención a persoas dependentes. Ao respecto, Rey Varela recordou que se vén de aumentar en 840 horas anuais as dispoñibles dentro do Servizo de Axuda no Fogar, que a Xunta presta en colaboración co concello, ata alcanzar un total de 11.268 ao ano.
Este incremento permite ter na actualidade unha ratio de cobertura próxima ao 95%. Rey Varela tamén lembrou a axuda á residencia de iniciativa social “La Saleta” ao que destina máis de 140.000 euros.