O CARBALLIÑO

Celebración do día mundial da auga, a árbore e a poesía

Tamén se homenaxeou ó protagonista do Día das Letras 2014, Díaz Castro

O Auditorio de Carballiño acolleu na mañá de onte a conmemoración do Día Mundial da auga, da árbore e da poesía, organizado pola Fundación Insua dos Poetas, coa colaboracion do Concello do Carballiño, a Deputacion de Ourense e a Consellería de Cultura e no que participaron alumnos dos centros de ensino carballiñeses. No decurso do mesmo procedeuse tamén á presentación do libro "Nimbos", de Xosé María Díaz Castro, autor ó que se adica neste ano o Día das Letras Galegas e ó que se rendeu homenaxe.

O acto contou coa intervención do presidente da Real Academia Galega, Xeús Alonso Montero, quen loubou o acerto de celebrar conxuntamente o día mundial da auga, da árbore e da poesía, unha idea na que redundaron tamén o responsable da FundaciónInsua dos Poetas, Luis González Tosar, promotor desta celebración; o presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar, o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, e o alcalde de Carballiño, Argimiro Marnotes.

O acto estaba previsto que se celebrara inicialmente na Insua dos Poetas, ubicada na localidade de Madarnas, pero o día chuvioso obligou a trasladalo ó Auditorio carballiñés. Rematado o mesmo, tivo lugar unha plantación de carballos na finca da asociación Aspadisi, de atención a discapacitados, que terá continuidade en vindeiros días, en canto o tempo o permita, con outra plantación de carballos na finca pertencente á Fundación Insua dos Poetas.

Te puede interesar