INVESTIGACIÓN

O Chamoso Lamas divulgará as investigacións na televisión

O obxectivo é que os veciños poidan coñecer os aspectos históricos, artísticos e naturais da
Comarca carballiñesa

O Chamoso Lamas divulgará as investigacións na televisión

Unha serie de programas didácticos na televisión local do Carbaaliño servirán para divulgar os achádegos históricos e artísticos da comarca que ten conquerido o Centro de Estudios Chamoso Lamas na súa tarefa de investigación durante os últimos 20 anos, un proxecto audiovisual que se está a perfilar pero que sí xa contempla un conxunto de contidos temáticos.

O obxectivo, según aseguran os investigadores, é "achegar ós cidadáns o coñecemento do seu entorno máis próximo, tanto a nivel de historia, arte, arqueoloxía ou de recursos naturais, xa que a meirande parte dos veciños non teñen acceso ó noso traballo ou ás actas dos nosos congresos". Deste xeito, a temática xirará en torno dos aspectos arqueolóxicos, históricos, artísticos, naturais e patrimoniais,entre outros, da comarca carballiñesa, aproveitando a bagaxe de máis de dúas décadas de traballo científico e as aportacións feitas ó traverso das ponencias e comunicacións dos 10 congresos desenvoltos pola entidade cultural baixo e epígrafe xenérico de “O home e o medio”.

Precisamente, na última xuntanza congresual, que tivo lugar  na localidade carballiñesa de Cabanelas entre os días 15 e 17 do pasado mes de maio, os arqueólogos da asociación presentaron coma novidades as próximas excavacións que se desenvolverán este ano no Castro de Cameixa, en Boborás, e os traballos, no mesmo municipio, de delimitación e recuperación do castelo de Cavadoso, unha fortaleza de características semellantes á existente en Ribadavia.

Os programas televisivos correrían a cargo do amplo panel de expertos que posúe o colectivo Chamoso Lamas,de xeito que cada un deles se encargaría de expoñer os contidos da súa especialidade.

O proyecto tamén se convertirá nun complemento importante dentro dos contidos didácticos da parrilla de programación da canle televisiva local, Carballiño Televisión, na que actualmente tamén se poden atopar, ademais dos informativos diarios, unha serie de reportaxes divulgativas sobre temas de mediciña e psicoloxía.