CELEBRACIÓN

Os colexios de Carballiño preparan o Día da Auga, da Arbore e da Poesía

A Insua dos Poetas será o escenario das expresións artísticas dos escoleres e dunha prantación de árbores

Oito centros educativos da comarca do Carballiño participarán na celebración do Día Internacional da Auga, da Árbore e da Poesía, que reunirá a 213 alumnos na Insua dos Poetas, na Esgueva de Madarnás, o próximo 21 de marzo. Este ano a convocatoria parte do Instituto Chamoso Lamas do Carballiño, cuxo director, José Manuel Vázquez, acompañado do director do Instituto Número 1, Manuel Amil, presentaban onte pola mañá a actividade.

Cada centro elexiu unha especie de árbore, sobre a que os alumnos farán representacións, catarán cancións o recitarán poemas, entre outras formas de expresión artística. Finalmente, procederán a prantar as árbores na Insua dos Poetas e a cantar todos xuntos unha peza musical do colexio de Boborás.

En canto a elección das árbores, sobre os que os escolares farán un traballo de investigación, Beariz escolleu o buxo; Boborás, un salgueiro; Cea, unha sobreira; Chamoso Lamas, un carballo; Irixo, unha cerdeira; Sagrado Corazón, un amieiro; Vila do Arenteiro, un loureiro, e o Ies Nº 1, un érbedo.

O Instituto Chamoso Lamas conta para a organización coa colaboración do Concello do Carballiño, a Deputación Provincial e con Política Lingüística. A este acto tamén asistirá o alcalde do Carballiño e o director xeral de Política Lingüística, entre outras autoridades. n

Te puede interesar