OBRAS

Comezan as obras de mellora do firme na OU-173 e na OU-164

a estrada OU-164 inicianse as tarefas en 2,4 quilómetros ao seu paso polo Concello de Boborás, cunha inversión de 59.000 euros. 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda rematou onte as obras de mellora nas estradas OU-185 (OU-504 - San Facundo - OU-504) e comezou as actuacións na OU-173 (OU-902 - A Veiga- OU-902), unhas accións que se completarán coas obras no vial OU-164 (N-541 - Nogueira - N-541) no municipio de Boborás que comezarán hoxe.

Así, na OU-185 (OU-504 - San Facundo - OU-504) os traballos executáronse ao longo de 850 metros; trátase do trazado antigo da OU-504 ao seu paso polo núcleo de San Fagundo no Concello de San Cristovo de Cea e contou cun orzamento de 27.000 euros.

Tamén se inciaron os traballos no vial OU-173 (OU-902 - A Veiga- OU-902). Esta actuación lévase a cabo en 760 metros; tamén se trata dun trazado antigo da OU-902 ao seu paso polos núcleos de A Veiga e O Campo no municipio do Carballiño, onde se investirán 23.000 euros.

Ademais, recentemente, rematouse unha actuación noutra estrada do Carballiño que tamén foi un resto da OU-902: a OU-172 (estrada de saída a O Irixo), na que se inverteron máis de 65.000 euros; neste caso a actuación consistiu na extensión dunha capa de mestura betuminosa en quente. 

Así mesmo, na estrada OU-164 inicianse as tarefas en 2,4 quilómetros ao seu paso polo Concello de Boborás, cunha inversión de 59.000 euros. 

Te puede interesar