Unha comparsa de Crecente acada o galardón artesanal do Entroido carballiñés

Un total de 16 comparsas inscribíronse no desfile do Entroido organizado pola Concellería de Cultura do Carballiño para optar a algún dos oito primeiros premios e accésits que estaban dotados cun total de 8.000 euros. Un xurado integrado pola responsable desta área municipal, Inmaculada Ucha, e representantes de tódolos grupos participantes decidiu como gañadora a comparsa ‘Nochinrío’, con 1.800 euros, mentres ‘Sabor’ e ‘Os piratas tolos’ levaron o segundo e terceiro premios, respectivamente, de 1.200 e 900 euros.
Os colectivos ‘O Imperio’, de San Amaro, con 420 euros; ‘Azucarados’, de Maside, 360 euros; ‘Os Tiroleses’, de Arcos, 300 euros; ‘Panadeiros.com’, do Irixo, 240 euros, e ‘Os Elfos’, chegados do municipio pontevedrés de Crecente, con 180 euros, foron tamén galardonados. Precisamente istes últimos recibiron o novo premio de 300 euros instaurado polo Concello carbaliñés para recoñecer os disfraces de artesanía mellor elaborados.

Nos tradicionais eidos de animación e comparsa máis numerosa, ‘Nochinrío’ e ‘Panadeiros.com’, acadaron, respectivamente, cadanseu agasallo de 300 euros. Outros oito grupos chegados da comarca carballiñesa levaron os accésits de 60 euros fixados pola organización.

Te puede interesar