O Concello amplía aceras para humanizar as rúas

<p></p>
photo_camera Tramo da acera na rúa Aldara que será ampliada para facilitar o paso de peóns e evitar o estacionamento.

Comezará coa vía Aldara, na que se facilitará a circulación dos peóns 

O próximo luns darán comezo as obras de ampliación dun tramo de beirarrúa na rúa Aldara. Trátase do tramo comprendido entre a Praza do Cercis e a zona central do xardinciño. Esta obra resulta esencial para favorecer o paso de peóns, pois é un tramo que se estreita moito e impide a circulación de persoas, e sobre todo, as que teñen que usar vehículos de minusvalía ou incluso coches de nenos.

A nova beirarrúa irá empedrada co mesmo tipo de pedra que ten actualmente, para que siga o deseño e configuración do resto de beirarrúa ata o concello. Durante a execución da obra e ao remate da mesma, non se permitirá o estacionamento nesta beira da calzada. "Se ben xa estaba prohibido actualmente, a menudo se transgrede esta norma", segundo manifestaron os responsables municipais. Pero isto xa non será posible, pois a calzada vaise estreitar un pouco máis e calquera aparcamento indebido impediría a normal circulación de vehículos, polo que de inmediato se procederá a retirar coa grúa.

A obra, que está previsto se remate a finais deste mes de xaneiro, será executada polo obradoiro de emprego, e enmárcase no programa de humanización e mellora das rúas do Carballiño, continuando así coa remodelación dos accesos transversais entre Rosalía de Castro e Tomás María Mosquera con Perfectino Vieitez e o entorno da Alameda, que se levou a cabo nos últimos meses, xunto coa ampliación da Praza dos Liborianos, que reduciu o ancho do cruce de Ribadavia. Estas reformas, sinalan as autoridades locais que proseguirán en vindeiros meses noutras zonas do Carballiño.

Co gallo do comezo das obras na rúa Aldara o próximo luns, o concello pide disculpas aos veciños polas molestias que poden supoñer, pero que son absolutamente necesarias para realizar o traballo, que facilitará a circulación de peóns.

Te puede interesar