O Concello carballiñés aforrará 12.000 euros para a mellora da axuda domiciliaria

A necesidade de dar resposta á demanda existente de axuda domiciliaria por parte da Concellería de Servizos Sociais do Carballiño motivará unha modificación nas partidas orzamentarias deste departamento, e a convocatoria dun concurso para cubrir prazas vacantes.
A responsable desta área municipal, Asunción Rivero, sinalou que ‘estamos atendendo a 70 persoas con 11 auxiliares contratadas polo Concello e e outras catro do Plan de Cooperación da Xunta’.

No departamento acometeranse recortes nos programas de espectáculos, viaxes e outras actividades ‘a fin de conquerir 12.000 euros para mellorar o servizo’, indicou Rivero. O problema, según comenta a concelleira, ‘é que hai dúas baixas de personal e as catro persoas do citado plan rematan o seu contrato en agosto, e por iso mantiven unha entrevista co delegado territorial da Xunta, Roxelio Martínez, a fin de manteñer iste convenio’.

Ademais, Asunción Rivero apuntou que ‘nos orzamentos municipais deste ano contemplábase unha partida de 107.000 euros para a axuda á domicilio pero aínda están pendentes de aprobación’.

Te puede interesar